Iniciar sesión: Acceso

Achegámonos ao mundo grecolatino con Antígona

Na mañá de onte, o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Artes escénicas asistiu á representación de Antígona, de Sófocles, representada polo Grupo Corzos Reunidos, casa de Castilla la Mancha (A Coruña). Esta representación forma parte da programación do Festival de teatro grecolatino deste ano e tivo lugar no Teatro Municipal de Tui.

Fixérono ademais acompañados do alumnado de 4º Primaria do CEIP Plurilingüe Santiago de Oliveira. Sen dúbida, unha actividade interesante para todos e todas elas.

Entroido 2024

A chuvia non puido coas nosas ganas de Entroido! E para mostra, un pequeno álbum de recordos.

Agardamos que vos guste.

Álbum: Curso 2023-24 -> Entroido 2024

Celebramos o Día Mundial da Radio

Esta mañá, para conmemorar o Día Mundial da Radio, un grupo de alumnas e alumnos participou no programa de radio que organiza o IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas).

Podedes ver o programa neste enlace (e a nosa participación a partir do 02:12:00):

Boas prácticas de mitigación do cambio climático

Este xoves, o alumnado de 4º ESO participou na charla do programa A Ponte "Emerxencia climática: boas prácticas educativas de mitigación e adaptación ao cambio climático nos centros educativos".

Que podemos facer nós para colaborar a contrarrestar os efectos do cambio climático? Posiblemente máis do que pensamos!

FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA 1º E 2º BACHARELATO

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

 

IV CERTAME FILOSÓFICO: REPENSAR O AMOR

Volve o concurso filosófico Repensar o amor!

O concurso vai dirixido ao alumnado matriculado no IES Pedra de Auga, no IES Val do Tea e no IES do Barral. Haberá dúas modalidades de participación:

Modalidade A: ENSAIO. Nesta modalidade, trátase de construír un ensaio PROPIO e ORIXINAL sobre o amor revisando algúns dos mitos que circulan na nosa sociedade sobre este sentimento e/ou aportando novos enfoques de comprensión de dito fenómeno na actualidade.

Modalidade B: IMAXE + LEMA. Nestoutra modalidade, o/a concursante presentará ou ben unha FOTOGRAFÍA FEITA POR EL/ELA MESMO/A ou ben unha ILUSTRACIÓN DE ELABORACIÓN PROPIA (en ningún caso se aceptarán imaxes descargadas) que recolla algún aspecto relacionado co amor e acompañará a imaxe dunha FRASE BREVE que lle dea voz ou a explique e que convide á reflexión.

En cada unha desas modalidades, estableceranse catro seccións de concorrencia ao concurso correspondentes ao NIVEL académico do alumnado, a saber: ESO, BACHARELATO, ESA ou CICLOS FORMATIVOS.

Podedes consultar as bases neste enlace.

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG