RECOLLIDA DE CUALIFICACIÓNS E ENTREGA DE LIBROS - CURSO 20/21
Enviado por admin o Mar, 22/06/2021 - 08:47O alumnado de ESO e 1º Bacharelato recollerán as súas cualificacións o día 24 de xuño ás 9:30 horas da mañá. Nese momento farán entrega dos libros que lle foran prestados neste curso acdémico.
O alumnado de 2 Bacharelato recollerá ás cualificacións da convocatoria extraordinaria o mércores 23 de xuño ás 9:30 horas da mañá.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR
Publicada A ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participàción no fondo solidario de libros e as axudas de material ecolar (clicar no adxunto).
Para o curso 2021-2022 o centro está admitido no proxecto e-Dixgal para toda a ESO. Estes cursos están excluídos da partiicipación no fondo solidario. Non obstante poderá solicitarse axuda para material escolar cando se reúnan os requisitos establecidos na orde.
Prazo de presentación de solicitudes do 21 de maio ao 22 de xuño deste ano.
2 BAC-CALENDARIO EXAMES XUÑO2021
Enviado por admin o Mér, 19/05/2021 - 09:17ADMISIÓN DE ALUMNADO BACHARELATO PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por admin o Lun, 26/04/2021 - 11:22As listas do alumnado admitido paraas ensinanzas de Bacharelatono curso 2021/2022 deben consultarse dentro do centro académico
I CONCURSO RELATO FILOSÓFICO
Enviado por admin o Xov, 21/01/2021 - 19:04Este concurso vai destinado a toda a comunidade escolar do centro: alumnado, profesorado e persoal non docente, nais e pais do alumnado.
Clica no adxunto para acceder ás bases do concurso
IMPRESOS PREMATRÍCULA CURSO 2021-2022
A carpeta contén seis adxuntos con cadansúa folla para cubrir a matrícula, segundo o curso que corresponda.
CLICA NOS ADXUNTOS
CLICA NO CURSO QUE CORRESPONDA
ADMISIÓN DE ALUMNADO
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Normativa de aplicación:
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »