Iniciar sesión: Acceso

III Encontro de Comandos de Igualdade

Hoxe os membros do Equipo de Igualdade do IES Val do Tea asistimos ó III Encontro de Comandos de Igualdade da provincia de Pontevedra. Talleres, un pequeno concerto de Su Garrido Pombo, micro aberto e outras actividades formaron parte desta marabillosa xornada.

Volvemos con novas ideas, formación e moita forza para seguir con este proxecto!

BECAS NEAE

No seguinte enlace podedes atopar toda a información relacionada coas becas NEAE.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: CURSO 2024/2025

No taboleiro do noso centro están publicadas desde o día 25 de abril de 2024, as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido na ESO e en Bacharelato por curso e pola orde de puntuación provisional total obtida. (Taboleiro ao lado de conserxería)

O alumnado que figura como non admitido pode obter praza na adxudicación subsidiaria do mes de xullo de 2024. Figura como alumnado en reserva.

Lembrade que está prohibido facer fotos pola Lei de Protección de Datos.

Tamén están dispoñibles a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

 

SEGUINTES PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA DO ALUMNADO

. Prazo de reclamación das listaxes provisionais: 5 días hábiles contados a partir da publicación: do 26 de abril ao 3 de maio de 2024

. Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio de 2024

. Formalización da matrícula na ESO e BACHARELATO: do 23 de xuño ao 8 de xullo

 

Segundo a normativa vixente, o alumnado que non se matricule no prazo sinalado, PERDE O DEREITO Á PRAZA NO CENTRO

 

Traballos de gravado e estampación

Traballos de gravado e estampación do alumnado de 2° de Bacharelato de Artes. Exercicios de debuxo tendo en conta o "efecto espello".

Celebramos o Día do Libro

Un ano máis celebramos o Día do Libro co xa tradicional amig@ invisible entre profesorado e alumnado de 2º Bacharelato.

Lecturas e rosas para acompañar este fermoso día.

Ademais, a Biblioteca organiza unha pequena exposicións con algúns dos "Libros que hai en nós": Hai uns anos Emma Pedreira explicounos os libros que había nela. e nós, as e os profes do instituto, neste 23 de abril quixemos preguntarnos os libros que hai en nós. Velaquí algunhas das respostas. Unha parte do que somos naceu neles. 

Desexámosvos 365 días de boas lecturas!!

Aquí tamén se fala!

Como non podería ser doutro xeito, o noso centro participa no Aquí tamén se fala galego, iniciativa cultural impulsada polo EDLG do IES Rafael Dieste (A Coruña) e que leva meses percorrendo toda Galiza.

Parte do noso alumnado saíu a percorrer as rúas de Ponteareas compartindo esta iniciativa cos comercios locais.

Parabéns ao IES Rafael Dieste por dar comezo a unha iniciativa tan fermosa (e necesaria) coma esta!

 

Aprendemos sobre seguridade viaria

O pasado mércores, o alumnado de 1º ESO participou nunha interesante e moi necesaria charla sobre Seguridade Viaria, impartida polo sarxento da Garda Civil Daniel Castelo, coa intención de concienciar o alumnado da importancia de ser responsable nas rúas, tanto se somos peóns como se conducimos algún vehículo.

Esta charla forma parte do Plan Director para a Mellora da Convivencia e a Seguridade nos Centros Educativos.

A arte enche as vitrinas do Val do Tea

Compartimos convosco imaxes dalgunhas das exposicións que foron pasando polas vitrinas do Val do Tea nos últimos meses.

1. Exercicio da materia de Deseño, no Bacharelato Artístico: "Ilumina un deseño". Bocetos para deseñar unha lámpara e maqueta ou prototipo da mesma:

2. Debuxos de volumes xeométricos resoltos con valores e gradacións cromáticas. Realizados na materia de Debuxo Artístico:

3. Caixas e packaging. Envolver, almacenar e transportar productos. Traballo de deseño de 2° Bacharelato:

Unha nova xornada deportiva Intercentros!

O pasado día 10 parte do alumnado do noso centro participou nunha nova xornada deportiva Intercentros, desta volta xogando ao baloncesto e ao voleibol.

Como podedes ver nas imaxes foi unha mañá ben aproveitada!

 

NAVEGA CON RUMBO

Este mércores, 17 de abril, tivo lugar no noso centro unha charla para as familias enmarcada dentro do programa Navega con rumbo.

Deixamos aquí a presentación empregada polo formador. 

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG