Skip to Content

Campus de verán Xuvenciencia

O Campus de Verán XuvenCiencia ofrece programa científico de día, actividades lúdicas de tarde e noite e o aloxamente para todo o seu alumnado matriculado. Pode participar o alumnado de 3º e 4º ESO e BAC así como ciclos medios de FP. Celebrarese dende o 30 de xuño ao 6 de xullo 2024, no Campus Universitario de Lugo. Prazo de matrícula dende o  3 de maio, 15:30h ata o 12  de maio, 23:59h. Para saber máis de Xuvenciencia preme aquí.

Probas acceso ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño 24-25

Convocadas as probas para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia 2024/25. O prazo abrangue desde o 23 de abril ata o 10 de xuño de 2024. Para máis información accede á convocatoria e se queres consultar toda a información relativa ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño preme na seguinte ligazón.

Bolsas alumnado con necesidades específicas de apoio educativo 24-25

Aberta a convocatoria para solicitar bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2024-2025. O prazo de solicitude é dende o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. Preme aquí para solicitala.

Bolsas de estudos 2024-2025 BAC e FP

O prazo para solicitar as bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, abrangue dende o 19 de marzo ás 9:00 horas ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 horas. Desde aquí podes acceder directamente á solicitude, podes consultar o documento informativo e se precisas máis información acude ao Departamento de Orientación.

Danzar e Sentir

26/04/2024 09:25
26/04/2024 11:20

Actividade promovida polo Espazo Xove Chantada destinada ao alumnado do 2º ciclo da ESO.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO (de 9:25 a 10:25 horas) e 4º ESO (de 10:25 a 11:20 horas).
Lugar: Chantada.
Organiza: Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Obradoiro Latento - 2ª sesión

25/04/2024 12:35
25/04/2024 14:15

Segunda sesión do obradoiro de motivación, metas, obxectivos e hábitos para o alumnado de 4º ESO. Traballarase a competencia emocional para activar a motivación e realizar un perfil vocacional do alumnado.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

 

FP Innova Galicia 2024

25/04/2024 09:30
25/04/2024 14:15

Asistencia ao Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2024, organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Dirixido a: Alumnado de CB, CM e CS de Formación Profesional.
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia - Santiago de Compostela.
Organiza: Departamento de FOL.

Charla sobre o cancro e as ITS

23/04/2024 11:45
23/04/2024 12:35

Charla impartida por la doctora Ana Casal.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e PDC, 4º ESO (Ciencias) e 2º BAC (Ciencias).
Lugar: Salón de actos.
Organiza: Departamento de ACE.

 

Laboratorio de fotografía e identidade - 3ª sesión

22/04/2024 11:45
22/04/2024 12:35

Alumnado de 3º ESO e PDC terán a terceira sesión, de catro, do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación. Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Xincana polo 8M

19/04/2024 10:00
19/04/2024 11:50

Parcicipación nunha das actividades organizadas polo Concello de Chantada con motivo do Día da Muller, que foi cancelada por mor do mal tempo o pasado 8 de marzo.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO
Lugar: Chantada
Colabora: Departamentos de Orientación e de ACE (Actividades Complementarias e Extraescolares).

Distribuir contido


by Dr. Radut