Skip to Content

Prevención de drogodependencias (II)

01/02/2024 08:45
01/02/2024 10:25

Charla impartida por UAD- Unidad asistencial de drogodependencias do concello de Monforte de Lemos

Destinatarios/as: Alumnado de 2º ESO (8:45 a 9:35) e 3º ESO (9:35 a 10:25).
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

EduReferentes (I)

31/01/2024 10:25
31/01/2024 12:35

Programa da Consellería de Educación para facilitar a orientación vocacional do alumnado dende idades temperás a través do coñecemento de referentes femininos co fin de favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Destinatarios/as: Alumnado dos CB Informática de oficia e CB Mantemento de vehículos.
Lugar: Salón de Actos.
Organiza: Departamento de Orientación.

27/01/24 El Progreso: Excursións a unha exposición e ao Parlamento de Galicia

Ceos de Galicia

26/01/2024 09:35
26/01/2024 11:15

Visita ao Espazo Xove de Chantada para participar na actividade "Ceos de Galicia".

Destinatarios/as: Alumnado de  3º ESO.
Lugar: Espazo Xove (Chantada).
Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Prevención de drogodependencias (I)

25/01/2024 10:25
25/01/2024 14:15

Charla impartida por UAD- Unidad asistencial de drogodependencias do concello de Monforte de Lemos

Destinatarios/as: Alumnado de 1º ESO (13:25 a 14:15), 4º ESO (12:35 a 13:25).
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Visita ao Parlamento de Galicia

25/01/2024 10:00
25/01/2024 13:00

Visita escolar ao Parlamento de Galicia con sede en Santiago de Compostela.

Destinatarios/as: Alumnado dos primeiros cursos do CM Electrónica de Vehículos e dos CS Admininistración e finanzas e Desenvolvemento de Aplicacións Web e alumnado do CB Mantemento de vehículos.
Lugar: Parlamento de Galicia.
Organiza: Departamento de FOL.

Empresas colaboradoras FP dual de 2º ano CS Administración e finanzas curso 23-24

Como en cursos anteriores, parte do alumnado do 2º curso do CS Administración e finanzas está a realizar a modalidade de dual grazas á colaboración de dúas empresas da comarca:

Tres alumnos/as realizan parte da súa formación na primeira das empresas con sede en Chantada e unha alumna na segunda empresa, na súa oficina de Escairón.

Calendario ABAU xuño 2024

Publicada na web ciug.gal o horario da ABAU 2024. No caso de solapamentos inevitables, o alumnado afectado deberá ficar na aula para facer o segundo exame a continuación. Preme para acceder ao horario da convocatoria ordinaria ABAU 2024.

Charla "Dixitalización do agro galego"

22/01/2024 11:45
22/01/2024 12:35

Charla impartida por profesorado da USC.

Destinatarios/as: Alumnado de 1º e 2º CB Informática de Oficina, 3º ESO e CS DAW.
Lugar: Salón de Actos.
Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición para o curso 2024/2025

O 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Para máis información sobre a reserva na ESO e BAC preme aquí e para coñecer todos os prazos da reserva, admisión, ... tanto na ESO como no BAC e a FP preme no seguinte enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut