Skip to Content

 

VISITA Á CENTRAL TÉRMICA DE AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

15/10/2019 09:45
15/10/2019 17:15
Europe/Madrid

Alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita a unha central térmica de ciclo combinado nas Pontes de García Rodríguez.

Organiza: Departamento de Física e Química

Destinatarios: Alumnado de 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC

CAMIÑO DE INVERNO

02/10/2019 08:45
02/10/2019 14:15
Europe/Madrid

Alumnado do IES Val do Asma realizará un tramo do Camiño de inverno, xunto con outros centros escolares, para colaborar na súa promoción en colaboración coa Asociación do Camiño de inverno.

Organiza: Departamento de Educación Física

Destinatarios: Alumnado de 1º ESO e 2º ESO

BOLSAS DE ESTUDOS 2019-2020 BAC E FP

O prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, remata o 1 de outubro de 2019. Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2019/2020

Táboa-resumo do calendario escolar 2019/2020 do IES Val do Asma. 

Para consultar a normativa que aproba o calendario escolar de Galicia preme aquí.

PRAZO DE MATRÍCULA NA FP

O prazo de matrícula para os ciclos formativos, tanto en FP ordinario como dual remata o 27 de setembro de 2019.

ENTREGA DE NOTAS FP DUAL

A entrega de notas dos ciclos de FP Dual será o venres 13 de setembro ás 14:00 horas.

HORARIO DE INICIO DE CURSO

O luns 16 de setembro terá comezo o curso escolar 2019-2020 no IES VAL DO ASMA co seguinte horario:

- Ciclos medios e superiores en réxime ordinario: de 9:30 a 10:00 reunión coa equipa directiva e os profesores no salón de actos.

- Ciclos superiores en réxime dual: de 10:00 a 10:30 reunión coa equipa directiva e os profesores no salón de actos.

- Bacharelato (1º e 2º): de 10:30 a 11:00 reunión coa equipa directiva e titores no salón de actos. Reparto horario e instruccións básicas de funcionamento do curso nas aulas.

- FP Básica (1º e 2º curso): de 11:30 a 12:00 presentación do curso cos titores e equipa directiva no salón de actos.

- 2º, 3º e 4º da ESO (incluidos PMAR): de 12:00 a 12:30 benvida dos titores e da equipa directiva no salón de actos. Reparto horario e instruccións básicas de funcionamento do curso nas aulas.

- 1º da ESO: de 13:00 a 14:00 benvida ao curso escolar coa equipa directiva, instruccións e normas básicas da etapa. No salón de actos do centro.

 

O día de presentación non haberá transporte escolar disponible nin servizo de comedor.

Unha vez rematada a presentación de cada curso no horario fixado, aquel alumnado menor de idade que conte con autorización paterna para abandonar o centro poderá facelo, en caso contrario permanecerá nel ata ás 14:15 horas.

O martes 17 darán comezo ás clases co horario normalizado.

O IES VAL DO ASMA MANTÉN O "SELO DE VIDA SAUDABLE"

Por Orde  ECD/2475/2015, do 19 de novembro, créase o distintivo de calidade de centros docentes Selo Vida Saudable (BOE/BOE do 24). Esta Orde no seu artigo 7.2 establece que “periodicamente, e polo menos cada dous anos, poderán realizarse revisións por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, co fin de comprobar se se continúan cumprindo os requisitos que xustificaron a concesión”.

Mediante Resolución do 13 de xuño de 2016, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, concedeuse ao IES VAL DO ASMA o distintivo de calidade “Selo Vida Saudable” para o 2016 (BOE/BOE do 21).

En cumprimento do previsto no artigo 7.2 da Orde  ECD/2475/2015, unha vez revisados todos os centros adxudicatarios de 2016, e de acordo coa proposta formulada pola comisión avaliadora, resolveuse manter o dereito ao uso do distintivo «SELO VIDA SAUDABLE» ao IES VAL DO ASMA.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019/2020

Adxúntase a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2019/2020Pódese consultar dita relación dende o seguinte enlace.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2019

Os exames de setembro realizaranse os días 2 (luns), 3 (martes) e 4 (mércores) na ESO, Bacharelato e Ciclo Básico.

Pódese consultar a data e hora concreta de cada un dos exames no seguinte enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut