Skip to main content

Xornada anual de difusión Erasmus+ 2023

Xornadas de difusión Erasmus 2023

O pasado martes 12 de decembro a coordinadora de Proxectos Internacionais do noso centro Vanesa Resúa, asistiu en Madrid á "Xornada anual de difusión Erasmus+ 2023" organizada anualmente polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación). Neste evento puido coñecer diferentes mobilidades realizadas por alumnado de todas as comunidades autónomas e o impacto que estas tiveron nas súas vidas profesionais e laborais. Así mesmo, fíxose balance dos resultados obtidos coas experiencias Erasmus durante o ano que remata e sentáronse as bases do vindeiro 2024 onde seguiremos "Mudando vidas, abrindo mentes".

 

Galería de imaxes do evento

Xornadas de difusión Erasmus 2023 Xornadas de difusión Erasmus 2023

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License