Skip to main content

Xa temos lentes da igualdade!!!!

Lentes violetas

Xa contamos no instituto cunhas lentes violetas da igualdade! Podedes velas no patio cuberto, enriba do tablón reservado a Igualdade, onde é posible consultar actividades e novas relacionadas con esta materia.

As lentes, ás que non lles falta detalle, son obra das alumnas de 4.º ESO que colaboran no Grupo de Igualdade, alumnas que adicaron o tempo de non poucos recreos e moito cariño a facer este símbolo.

A cor das lentes, como xa sabedes, é a cor do feminismo. A metáfora das gafas violetas procede do libro O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Nesta obra a autora pretende facer ver que, aínda que se fale de igualdade, hai actitudes machistas que non identificamos como tales por estar moi arraigadas. Cunha concienciación ou mirada feminista podemos detectar estas actitudes inxustas e así traballar por unha sociedade máis igualitaria. As nosas lentes violetas pretenden representar esa outra forma de ver que queremos que se extenda polo noso centro:

Todos os elementos machistas da sociedade vánsenos metendo dentro do cerebro sen que nos deamos de conta. Precisamente, para sermos conscientes, temos que poñernos unhas lentes violetas e miralo todo cuns ollos novos, con ollos feministas. Só así poderemos ver as discriminacións que sofren as mulleres.

os lentes violetas que me permiten ver —deixando de lado esa mirada masculina que nos ensina a sociedade— o significado real de moitas situacións, (...), o desexo dun mundo libre de injustizas onde homes e mulleres vivamos mellor...

 

Galería de imaxes do evento

Lentes violetas Lentes violetas Lentes violetas Lentes violetas

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License