Skip to main content

Visita instituto de investigación sanitaria galicia sur

Vistita ao instituto

O pasado luns 18 de xuño un grupo de alumnos de Bacharelato Científico do noso centro visitaron as instalacións do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Foron recibidos por varios investigadores que lles presentaron as súas liñas de investigación ( en enfermidades raras e posibles tratamentos, en Neurociencias e Proteómica sobre enfermedades psiquiátricas ou a enfermidade de Alzheimer) e lles amosaron a tecnoloxía que empregan e as instalacións do Instituto ( salas de cultivo, histoloxía, microscopio, ultraconxeladores e laboratorios)

Asimesmo explicáronlles as técnicas utilizadas nas investigacións ( de cultivo celular, histolóxicas, de Bioloxía Molecular e Xenética, microdisección láser)

Por último puideron coñecer o funcionamento do Biobanco e a súa importancia.

 

Galería de imaxes do evento

Visita ao instituto de investigación
 

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License