Skip to main content

Resumo e galería de imaxes das XVIII Xornadas de Orientación ao Emprego

Cartel das xornadas

Remataron as XVIII XORNADAS DE ORIENTACIÓN AO EMPREGO. Cantas cousas aprendemos este ano! E chegamos a maioría de idade!

UN BREVE RESUMO DO ACONTECIDO…

O MARTES 31 DE XANEIRO: empezamos o día con moitos nervios, o alumnado de Asesoría de Imaxe Persoal, que colaborou na organización do evento, preparando os últimos detalles, o alumnado da ESO preguntándose, QUE FACÍA ALÍ O INSPECTOR??

Tras a inauguración por parte da compañeira Paloma Pozo, o Inspector, e máis o Director, comezaban as xornadas con Alberto Rocha falando do sector téxtil galego. A mañá continuou con Amil López e o seu proxecto Dieta coherente, e Fernando e Juan da Uvigo co seu proxecto MotorSport.

Pola tarde Roberto e Juan José faláronnos de emprendemento e David deixóunos abraiados con todo o que xa se pode imprimir en 3D. Rematamos o día con Noelia, Nair, Mercedes, Telmo e Patricia, foron alumnas do IES de TEIS e contáronnos como lles vai polo mundo laboral.

O MÉRCORES 1 DE FEBREIRO. Comezamos con Amador e Patricia, con eles soubemos que está feita a solicitude para que podades facer prácticas en Bosnia! Estamos a ser cada vez máis viaxeiros cos proxectos internacionais. Continuamos con María Ángeles, Iago e Marta falándonos de como conseguen abrir camiño coa súa web.

A partir deste momento todo foron obradoiros e encontros con empresas, específicos para cada ciclo: estética traballou a cosmética natural con Carmen de Lilium Nature e Lidia de Aulamedioambiental; o alumnado de informática, con Optare, e o de peiteado, con Jorge Rubín, os procesos de selección de persoal; e, rematando a mañá con Carlos de Imatia, descubrimos todo un mundo novo de posibilidades con big data.

Para o alumnado da tarde máis obradoiros e encontros con empresas: Alicia Gil mostróunos un traballo de maquillaxe para unha noiva, Rosina falou do seu traballo como asesora de imaxe en Vigo, Carlos Conde dun negocio en auxe, a franquicia en perruquería, Chiu de Pumpún do espazo que lle queda a pequena empresa de informática e da importancia de coñecer o local, Carmen e Natividade das tecnoloxías que emprega Balidea, e para pechar, María e Pedro faláronnos de programación de robots.

DESEXÁMOS QUE VÓS GUSTARAN. MOITAS GRAZAS a todos e todas, alumnado e profesorado de Formación Profesional, pola vosa asistencia e participación activa, en especial ó alumnado de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa, a Pablo Videira, Cristina de la Cruz, Isabel Torres e Demetrio Monteagudo.

GRAZAS DE PARTE DE TODO O EQUIPO DE ORIENTACIÓN E EMPREGO, organizador das xornadas.

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes do evento

 

Ver galería externa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License