Skip to main content

Proxecto Profesional

Unha cuestión que debemos plantexarnos antes de buscar traballo é a realización dun Proxecto Profesional, pero que é un proxecto profesional? para que serve?

O proxecto profesional é un documento no que identificaremos cales son os obxectivos profesionais e persoais. A finalidade do mesmo é avaliar a túa formación, experiencia, e identificar as túas cualidades e capacidades para valorar se cumpres os requisitos que o mercado laboral está demandando. Isto permitirache coñecerte a ti mesmo e coñecer o teu perfil laboral, da mesma maneira que te orientará na busca de emprego.

Podemos dividir o proxecto profesional nas seguintes partes:

CAL É O MEU PERFIL PROFESIONAL. Titulacións, experiencia profesional, coñecementos de idiomas e informática, carnés profesionais, aspectos da miña personalidade...

ANÁLISE DO MERCADO DE TRABALLO. Que hai? Indagar no mercado de traballo para valorar ofertas de traballo e requirimentos das ofertas.

Unha vez realizado debemos comparar se o meu perfil actual se axusta ao que o mercado laboral está demandando e que tipo de melloras podo levar a cabo para que me axuden a atopar traballo.

REQUISITOS Cumpro requisitos? Axústase a oferta as miñas expectativas? Propostas para mellorar.
Titulación    
Idiomas    
Informática    
Experiencia laboral    
Actitudes persoais    
Outros requisitos: mobilidade, carnés…    

Que obxectivo profesional me propoño? Unha vez que coñecemos o que piden, o que podemos ofrecer e en que podemos mellorar, temos que definir o tipo de postos aos que imos optar e as condicións laboais que estamos dispostas/os a aceptar.