Skip to main content

Proxecto Abalar no IES de Teis

IES de Teis, integrado no proxecto Abalar dende o curso 2010-2011.

Nos grupos da ESO cada alumna/o dispón dun ultraportátil nunhas aulas equipadas con encerado dixital e proxector. Con conexión Wifi independente da do centro.

Información do Proxecto Abalar

Dende o ano 2010, vense desenvolvendo o Proxecto Abalar, coma unha iniciativa para transformar a aula tradicional nunha aula dixital, coa implicación de todas a comunidade educativa: pais, nais, titores/as legais, docentes, alumnado. Para conseguilo, Abalar proporciona aos centros e a comunidade educativa os seguintes elementos:

  • A conectividade e o equipamento
  • Os entornos virtuais de traballo e os contidos dixitais
  • Accións de formación e difusión para docentes e familias
  • Canles de participación a través de espazos webs, app e ferramentas; tanto para docentes como para familias.

Dado que Abalar é unha iniciativa viva, dende o curso 2014/2015, ofrece unha educación completamente dixital para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º a 4 de Educación Secundaria Obrigatoria, grazas a iniciativa de educación dixital E-Dixgal. No curso acutal 2022/2023, máis de 60.000 estudantes de 600 centros educativos beneficianse desta iniciativa.

O alumando, profesorado e familias participantes nesta iniciativa dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.

Nos centros educativos, o alumnado e o profesorado traballa nas aulas dixitais. Son aulas que dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun equipo para o profesor, e dun equipo para cada alumno. Ademaís as aulas contan con conexión WIFI para que o alumnado e profesorado poda accesos aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.

Equipamentos e infraestructuras

  • Un ultraportátil para cada alumno
  • Un portátil por aula para o uso dos docentes
  • Un encerado dixital interactivo
  • Un proxector
  • Un armario para a carga dos equipos

Rede Wifi

A xestión e configuración das redes establecerase directamente dende a Consellería de Educación. Estes puntos de acceso son equipos hardware configurados en redes WIFI e que fan de intermediario entre o ordenador e a rede externa. Así mesmo, permitirán aproveitar as vantaxes das redes de alta velocidade e centralas nos docentes e alumnos.

Máis información