Skip to main content

Probas profesionais

As probas profesionais teñen como obxectivo avaliar os coñecementos e aptitudes das persoas candidatas ao posto de traballo, enfrontándose a tarefas moi semellantes ás que tería que desempeñar no posto real ao que aspira.

Algúns exemplos deste tipo de probas son:

  • Probas de idiomas.
  • Probas de emprego de programas informáticos ou linguaxes de programación.
  • Reparación ou instalación de equipos informáticos.
  • Realización dun corte de cabelo.
  • Aplicación dun tratamento estético.
  • Responder a cuestións relacionadas co protocolo dun evento.