Skip to main content

Panel 25_N

Panel 25N

O pasado 25 de novembro estreamos o novo espazo expositivo do IES de Teis, que se atopa na planta superior do centro.

O panel 25_N constrúese como "experimento" compartido de aprendizaxe desde a materia de EPVA neste novo espazo expositivo, dentro das actividades planificadas polo equipo de Biblioteca. Así traballaron de forma colaborativa todos os cursos da ESO e 1º de Bacharelato.

Partindo de materiais de reciclaxe (cartón) e deseñando en dixital/vectorial defínense as formas (cadrados e letras) e en coordinación co Departamento de Tecnoloxía prepáranse na cortadora láser. A continuación o alumnado se autorretrata cos seus dispositivos electrónicos e realizan en dixital o virado das imaxes ao violeta para a súa posterior impresión. Un grupo diferente imprímeos, recorta e pega mentres outros grupos deseñan a disposición no panel. Finalmente outro grupo diferente pinta o panel e colocan os obxectos en base ao deseño establecido.

Aínda que a metodoloxía de traballo retarda o proceso o resultado final é moi positivo xa que todos/as teñen a sensación de ser coautores sen pertencer a autoría personalizada a ninguén en concreto.

 

Galería de imaxes do evento

Panel expositivo 25NPanel expositivo 25NPanel expositivo 25NPanel expositivo 25N

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License