Se tes dúbidas e desexas recibir unha orientación profesional persoal e adaptada ás túas necesidades podes pedir unha cita enviando un correo a: ou ben .
O proxecto profesional é un documento no que identificaremos cales son os obxectivos profesionais e persoais. A finalidade do mesmo é avaliar a túa formación, experiencia, e identificar as túas cualidades e capacidades para valorar se cumpres os requisitos que o mercado laboral está demandando. Isto permitirache coñecerte a ti mesmo e coñecer o teu perfil laboral, da mesma maneira que te orientará na busca de emprego.
Podemos axudarche en:
- Funcionamento do Servizo de Orientación ao Emprego do IES de TEIS.
- Deseño itinerario formativo-profesional.
- Revisar o teu currículum e carta de presentación.
- Procura de ofertas de traballo.
- Orientacións previas a realización dunha entrevista de traballo. (non realizamos simulacións de entrevistas).
- Orientación no proceso de acreditación de competencias.