Skip to main content

Día do orgullo LGTBI+

<br />
    Orgullo 2023

Hoxe, día 28 de xuño, conmemórase e celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBI+ para defender e apoiar os dereitos e liberdades dun colectivo ao que se lle negaron ao longo da historia. Dende o IES de Teis mostramos orgulloses o noso apoio a todas as orientacións sexuais e a todas as identidades de xénero. Neste instituto traballamos diariamente para promover valores como o da tolerancia, empatía, respecto, corresponsabilidade e igualdade entre o noso alumnado, denunciando e loitando pola prevención e a sensibilización de todo o tipo de violencia, intimidación ou discriminación por mor do xénero ou orientación sexual e reclamando a súa erradicación. Feliz Día do Orgullo, hoxe e todos!

 

Galería de imaxes do evento

Orgullo 2023 Orgullo 2023 Orgullo 2023 Orgullo 2023 Orgullo 2023 Orgullo 2023

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License