Skip to main content

Mobilidade a Lyon

<br />
Erasmus a Lyon

Os profesores Mercedes Fernández Rey e Luis Rodríguez Gómez do Departamento de Imaxe Persoal realizaron unha mobilidade a Lyon a comezos do mes de abril e comparten con nós a súa experiencia:

Ao fondo da primeira imaxe, en pleno centro de Lyon o Lycée des Métiers des Arts de la coiffure, institución de acollida do noso Erasmus.

O Erasmus permitiunos tomar contacto con persoal do lycée, asistir a algunhas das clases e compartir ideas e metodoloxías aplicadas na aula. Visitamos as instalacións do lycée.

Visitamos ademáis a ópera de Lyon, visita guiada por un exalumno do lycée, responsable de maquillaxe e perrucas. Asistimos a preparación da ópera, A dama de picas, de Thchaikovsky, así como coñecer a ópera por dentro e cómo traballan o persoal de maquillaxe e perrucas. Máis tarde asistimos à ópera como espectadores.

Tamén visitamos unha peluquería que traballa con tintes naturais e unha empresa aos arredores de Lyon, Marcapar, onde nos mostraron todo o relativo a súa empresa e o laboratorio de cosmética natural.

A experiencia foi moi positiva e enriquecedora.

Finalmente, Lyon pareceunos unha cidade moi fermosa e chea de cultura.

 

Galería de imaxes

Erasmus a Lyon Erasmus a Lyon Erasmus a Lyon Erasmus a Lyon Erasmus a Lyon