Enviado por admin o Xov, 24/06/2021 - 23:24
Procedemento de revisión no centro
Será o establecido no artigo 4 da orde do 2 de marzo de 2021, empregando o formulario dispoñible na secretaría do centro: (descargar formulario)
Calendario reclamacións cualificacións ESO e 1º Bacharelato
Convocatoria ordinaria
- 28 e 29 de xuño de 2021 (ata as 14:00 horas), presentación da reclamación na secretaría do centro, dirixida ao director.
- As persoas que presenten reclamación quedan convocadas para o mércores 30 de xuño de 2021, ás 13:30 horas, onde a xefatura de estudos do centro comunicará por escrito ao alumno ou alumna, ás súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal a ratificación ou modificación razoada da decisión de promoción ou titulación, o que porá fin ao procedemento de revisión no centro.
Normativa que regula o procedemento de reclamación contra as cualificacións finais