Skip to main content

Entrega de notas, devolución de libros e ordenadores E-Dixgal

Estimado alumnado e familias:

Informamos de que a entrega de notas terá lugar este venres 25 de xuño ás 12:00 para a quenda de ordinario e ás 17:00 para a quenda de vespertino, momento no que tamén serán publicadas en abalarMóbil.

Por outra banda, o alumnado que teña libros en préstamo entregará os correspondentes as materias superadas o luns 28 ou martes 29 en horario de 10:00 a 13.00 horas. Os libros correspondentes ás materias suspensas entregaranse en setembro. Así mesmo, o alumnado con ordenadores en préstamo (que non sexan de 1º e 2º da ESO), entregaranos nas mesmas datas, sempre que non teña materias pendentes para setembro. Nese caso poden empregalo durante o verán.

Por último, o alumnado de 1º e 2º da ESO con ordenadores E-Dixgal, só deberá entregalos no centro en caso de que non teña continuidade académica no mesmo.

 

Saúdos cordiais,

Xefatura de estudos