Skip to main content

Exposición "As mulleres no mundo das TIC"

Mulleres nas TIC

No mes de abril o Departamento de Tecnoloxía celebraba o “Día das rapazas nas TIC”. Dous meses despois o IES de Teis volve acoller unha iniciativa que busca poñer de relevo o ata de agora silenciado papel das mulleres no ámbito das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, e promover así as vocacións neste terreo entre as nosas alumnas.

Nesta ocasión, trátase dunha exposición na que podemos contemplar unha serie de paneis adicados ás biografías de nove mulleres destacadas ou pioneiras neste ámbito. Entre elas atopamos, por exemplo, a Ángela Ruiz Robles (precursora do e-book), a Ada Lovelace (primeira programadora da Historia) ou a Ana María Prieto López (pioneira da programación no noso país).

Esta mostra, que estará dispoñible ao público no recibidor do último andar ata o vindeiro 30 de xuño, é obra do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) da USC e foi concebida para conmemorar o Día Internacional das Rapazas nas Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC).

De novo o noso IES está de celebración, non só por poder contar con esta mostra, senón por ser o primeiro centro en acollela.

 
Mulleres nas TIC Mulleres nas TIC Mulleres nas TIC

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License