Skip to main content

Excursión a Santiago de Compostela

Excursión a Santiago de Compostela 1º Bacharelato

O pasado día 14 de decembro os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato viaxaron a Santiago de Compostela.

Realizaron dúas visitas: ao Auditorio de Galicia e ao Museo do Pobo Galego.

No auditorio de Galicia tiveron o privilexio de presenciar un ensaio da Real Filharmonía de Galicia, dirixida polo mestre Maximino Zumalave; o cal lles deu a benvida e de cando en vez explicáballes o que ía tocando a orquestra. Ao finalizar o acto, reuniuse co alumnado e respondeu a todas as súas preguntas e dúbidas. Asemade, animounos a que a música formase parte das súas vidas polo seu carácter enriquecedor da propia personalidade.

No Museo do Pobo Galego, realizaron unha actividade por grupos, proposta polo propio Museo; na cal puideron observar os distintos aspectos da cultura galega ao longo da historia. Tamén visitaron o Panteón de Galegos Ilustres.

Para rematar, pasearon polas rúas da cidade, aproveitando para realizar un xantar de convivencia.

 

Galería de imaxes do evento

Excursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º BacharelatoExcursión Santiago de Compostela 1º Bacharelato

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License