Skip to main content

Excursión de Intelixencia Artificial

<br />
    Excursión IA

O mércores día 18 de xaneiro O alumnado do Curso de Especialización en Intelixencia Artificial e Big Data, así como o de 2º de Despregamento de Aplicacións Web e Multiplataforma da quenda de ordinario viaxaron a Santiago de Compostela e á Coruña para realizar actividades relacionadas coa Intelixencia Artificial.

En Santiago vistiamos o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) no que nos explicaron como funcionaba o CESGA e a súa importancia nivel estatal, nos ensinaron o seu Centro de Procesado de Datos, onde se atopa o supercomputador Finisterrae III e nos falaron dos proxectos de Intelixencia Artificial que estabn levando a cabo, así como da incorporación a medio prazo dun ordenador cuántico no centro, feito polo cal o noso alumnado sentiu moita curiosidade e realizou bastantes preguntas.

Pola tarde achegámonos á Coruña, alí aproveitamos para achegarnos á futura sede da AESIA (Agencia Estatal de supervisión de la Inteligencia Artificial) para sacar algunha foto de grupo e visitamos a exposición "AI: More than human", na que puidemos saber máis sobre a historia e actualidade da Intelixencia Artificial e interactuar directamente con varios proxectos desta área, como unha aplicación que xeraba arte a partir da situación de obxectos, outra que creaba pequenos poemas a partir dunha palabra en inglés, outra que modificaba as formas que amosaba en base aos movementos das persoas e ata un canciño robótico, con xestos e expresións tan reais, que o alumnado pensou que sería unha boa mascota para o noso instituto.

Ademais, nesta excursión acompañáronnos dous docentes da Universidade Luarasi (Tirana, Albania) e 3 alumnos/as da Universidade de Gjirokastra (Gjirokastra, Albania), que se atopaban na nosa cidade realizando estancias dentro proxecto Erasmus+ KA-107 do que o IES de Teis é líder do consorcio.

 

Galería de imaxes do evento

Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA Excursión IA

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License