Skip to main content

Erasmus+ Laura Filgueira

Erasmus Laura Filgueira

Son Laura Filgueira, alumna de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa do IES de Teis.

A miña visión das practicas é como unha experiencia única, xa que por un tempo podes ser parte dunha empresa que pola túa conta non serías capaz de conseguir. Polo tanto, o motivo para apuntarme a experiencia Erasmus, foi para vivir a época de prácticas dunha forma máis única.

Non tiña moitas esperanzas de acabar marchando de Erasmus pero cando me dei conta xa estaba falando de que me ía a Portugal pero aínda non sabia datas nin destino fixo. Despois comezou a busca de empresa, xa que dentro do meu ciclo tiña claro que quería organización de eventos. Fun a Oporto a unha entrevista cunha empresa pero ao final non resultou, estaba un pouco baixa de ánimos pero tiña outra entrevista en Braga con outra empresa. Non tiña moitas expectativas pero atopeime co que ía a ser o meu titor, explicoume a que se dedicaban con diferentes vídeos e como funcionaban. Saín moi contenta de esa reunión e alegreime moito de non terme quedado coa primeira empresa, xa que me atopei con persoas que se preocupaban en entenderse comigo, explicarme as cousas, aprender español e sobre todo importáballe si estaba cómoda.

Cando fun á oficina o primeiro día, dixéronme cal ía a ser o meu sitio durante os próximos meses, creáronme unha conta de correo electrónico e empecei a aprender. Os días pasaron rápido hasta o primeiro evento, empezou a semana de montaxes e ese era o traballo duro. Durante esas semanas de máis traballo, deime conta de que un pequeno equipo como é o de BestEvents consegue grandes cousas como levar con grande éxito o evento BragaNoivos, VigoBodas e DeBranco. Eses foron os eventos nos que eu asistín.

En BragaNoivos coñecín a unha parte do equipo que só axudan nas datas dos eventos, sen dúbida unhas persoas marabillosas. Apoiámonos en todas as tarefas como colocar e quitar a moqueta (o máis duro dos eventos), control de acceso, montaxe estrutura pasarela, recepción expositores...

No primeiro evento recordo estar moi nerviosa porque estaba acostumada a comunicarme con persoas portuguesas pero maioritariamente cos meus compañeiros. BragaNoivos ía ser un reto en toda regra pero foi un alivio contar cun equipo que estaba pendente de min e axudoume en todo o que necesitei.

O seguinte evento foi VigoBodas, para min o meu preferido sen dúbida. O meu labor durante as prácticas foi maioritariamente comunicarme cos expositores de este evento, publicar nas redes sociais, preparar información para as empresas... Entón cando chegou VigoBodas estaba moi emocionada, estaba máis segura e sentinme moito máis útil ao poder falar o meu idioma. Aínda que teño que recoñecer que para non saber moito portugués conseguín apañarme co idioma.

O último evento o que eu asistín foi DeBranco en Guimaraes, esta feira é a primeira vez que BestEvents se encarga da súa organización. Xa estaba moito máis tranquila desde o primeiro evento e puiden ser máis independente e funcional. Neste evento asistín a un catering que houbo para os expositores, acudín cunha compañeira e falamos con diferentes expositores. Despois reunímonos con dous compañeiros e estivemos charlando sobre o meu Erasmus, o evento e demais. Nese momento foi cando nos sacamos o selfie, onde saio con Clementina, sen dúbida a mellor persoa que me levo dos meus días en Portugal. Con ela estiven día a día, en cada evento e ensinoume a cidade de Braga, tivo a paciencia de explicarme como funciona todo e o meu Erasmus non tería sido o mesmo sen ela. Á miña dereita está Sergio, un home marabilloso que ao principio non me entendía moi ben pero cos días conseguimos entendernos e ensinámonos mutuamente. Por último pero non menos importante, á esquerda de todo está Chico, Francisco ou como eu o chamo, Pacheco. É o presentador dos eventos en Portugal e é a persoa que sexa cal sexa o teu estado de ánimo vai a facer que esteas mellor.

Estes meses pasáronse demasiado rápido, paréceme incríbel canto podes aprender e madurar en tan pouco tempo. Foi un Erasmus cheo de traballo, diversión, aprendizaxe, esforzo e compañeirismo.