Enviado por admin o Xov, 20/07/2023 - 15:02
O pasado mes de xuño a nosa compañeira do departamento de Informática Vanesa Resúa realizou unha mobilidade Erasmus+ en Estocolmo. Alí visitou a universidade tecnolóxica KTH onde se desenvolven as carreiras científicas e tecnolóxicas e os cursos equivalentes a nosa FP de grao superior de Programación. Deste xeito, a compañeira puido coñecer a formación desenvolvida no noso eido neste país de Europa, o xeito de abordala polo miúdo, metodoloxías, técnicas de avaliación, relación coas empresas do sector e compartir presentacións de proxectos de fin de estudos, seminarios, etc. Magnífica experiencia e moita aprendizaxe. Grazas á profesora Emma Riese polo acollemento e a todas as persoas de KTH por compartir o voso bo facer co IES de Teis.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License