Skip to main content

Erasmus+ en Bután

<br />
    Erasmus+ en Buthan

Durante a semana do 19 ao 26 de xuño os membros do Departamento de Proxectos Internacionais, Patricia González Pardo e Juan Carlos Pérez González levaron a cabo unha mobilidade con destino en Bután, ao amparo do proxecto KA107-KA171 e dentro do consorcio ITCON que lidera ao IES de Teis, que engloba a diferentes centros educativos a nivel nacional. No mesmo período coincidiron con docentes da Universidade Laboral de A Coruña, Centro Montecastelo de Vigo, CIFP Campanillas de Málaga e tamén das Universidade Autónoma e Pompeu Fabra de Barcelona. O centro de acollida foi a Royal Thimphu University, ubicado na capital Thimphu.

Ao longo dos días que durou a estancia realizáronse diversas reunións, mesas redondas e presentacións co persoal docente da Royal Thimphu University e con membros do sector empresarial relacionado coas TIC. Nelas se trataron temáticas de acordo ás especialidades dos participantes. No caso do IES de Teis tocáronse diferentes aspectos como foron o sistema de formación profesional en España, onde o persoal docente e das empresas mostraron moito interese. Tamén se expuxeron algúns proxectos realizados polos noso alumnado así como diferentes contidos, ferramentas e outros elementos que se utilizan no quefacer docente dos Ciclos Formativos de Informática en España.

Tamén tivemos a oportunidade de visitar un colexio de primaria e comprobar que os rapaces deste país falan en inglés, xa que as clases se imparten neste idioma. Polo que puidemos conversar con eles e nos realizaron un montón de preguntas sobre o noso país.

Por outra banda, tamén se tivo a oportunidade de coñecer os elementos máis salientables da cultura de Bután grazas á atención recibida polos membros do departamento de Proxectos Internacionais da Royal Thimphu University que en todo momento estiveron á nosa disposición.

Esta actividade terá prolongación coa visita que realizarán os membros do departamento das TIC da Royal Thimphu University ao noso centro durante os días 17 ao 22 para afondar en futuras colaboracións.

 

Galería de imaxes do evento

Erasmus+ en Buthan Erasmus+ en Buthan Erasmus+ en Buthan Erasmus+ en Buthan

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License