Skip to main content
Orientación e emprego

Envío de ofertas de emprego para busca de candidatos/as

No Servizo de Orientación ao Emprego do IES de Teis contamos cunha base de datos do alumnado que procura emprego, coa finalidade de facerlles chegar as ofertas de traballo recibidas.a

Se procuras canditados/as para os teus procesos de selección de persoal podes enviarnos a túa oferta de emprego. Unha vez recibida, será enviada ó alumnado que cumpra o perfil que nos indiques para que se poña en contacto contigo.

É preciso descargar este impreso e entregalo cuberto no Servizo de Orientación ao Emprego do IES de Teis ou ben envialo por email a Adelina Cobo Rodríguez (Correo2) ou María Jesús Diéguez Machado (Correo1). Preme aquí para obter o impreso!

Lembrámosche os Ciclos Formativos que se imparten no IES de TEIS:

FAMILIA PROFESIONAL DE IMAXE PERSOAL

  • Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar.
  • Ciclo Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa.
  • Ciclo Medio de Estética e Beleza.
  • Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar.

FAMILIA PROFESIONAL DE INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS

  • Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede.
  • Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
  • Ciclo Superior de desenvolvemento de Aplicacións Web.
  • Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes.