Skip to main content

Feira EnlazaVigo 2023

Feria EnlazaVigo 2023

O pasado 24 de novembro o noso alumnado de 2º de FPB (2ºFPB-IO e 2º FPB-PE) e os ciclos medios de 1º e 2º EB, 1º e 2º PCC e 1º SMR asistiron á feira educativa do EnlazaVigo 2023 no vestíbulo do Mar de Vigo, con participación en actividades lúdicas, creativas, informativas e dinámicas participativas. Este evento tivo lugar Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro de cada ano, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller poñen en marcha un conxunto de accións dirixidas a sensibilizar a sociedade sobre a violencia que se exerce contra as mulleres. Desde o convencemento de que é a mellor estratexia contra a violencia de xénero, traballando no eido da prevención é a concienciación, principalmente coa xente moza, para conseguir que as novas xeracións se impliquen activamente para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e todos. Este ano a feira educativa consistía en participar en actividades lúdicas, o visionado de varios vídeos, a visita aos diferentes espazos expositivos (incluido o do noso instituto) e unha formación sobre micro machismos e a escalada da violencia de xénero.
Podedes ver algunhas das fotos do acto, da feira e do profesorado acompañante. 

 

Galería de imaxes do evento

Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023 Feria EnlazaVigo 2023

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License