Skip to main content

Eleccións dos representantes do alumnado ao consello escolar

CONVOCATORIA

De acordo coa RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08/10), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

  1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a TRES alumnos ou alumnas, dun total de 4 que debe ter o Consello Escolar. O outro representante do alumnado continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2016.
  2. Son electores todo o alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir da presente data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 16 de novembro.
  3. Son elixibles todo alumnado do centro que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Instituto. As candidaturas poderán ser presentadas dende o día de hoxe ata as 14:00 horas do día 16 de novembro na secretaría do centro, cumprimentando o impreso a tal efecto dispoñible na conserxería.
  4. O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre o alumnado que non se presenten como candidatos/as, o día 19 de novembro, ás 11:30 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e dous alumnos/as, actuando de secretario/a o de menor idade.
  5. A campaña electoral comprenderá dende o 19 ao 23 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición ao presidente/a da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do IES. A véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
  6. Poderán actuar como supervisores da votación os alumnos ou alumnas matriculado no Centro que estean avalados pola sinatura de 10 electores/as.
  7. As votacións realizaranse neste IES o día luns 26 de novembro, de 11:30 a 13:00 horas e de 19:00 a 20:00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 10:45 horas.
  8. Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de DOUS nomes da lista de candidatos, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.
  9. Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
  10. A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

Vigo, 8 de novembro de 2018

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

Luis Vilán Crespo