Skip to main content

Decoración do IES e outras actividades do 11F

<br />
Decoración 11F

Polo 11F (O día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia) decorouse o noso centro educativo (tanto a entrada como o patio cuberto, incluído o punto lila). Deste xeito pretendemos darlle máis visibilidade ás mulleres dentro do eido científico.

Para esta ocasión, o alumnado de 1º ESO e 4º ESO xunto co docente de EPVA Joan Morera, crearon máis caras xigantes coas imaxes de Brabxs da Universidade de Vigo para colgar tanto á entrada do IES como para decorar o patio cuberto. Estas novas caras pasan a formar parte das xa creadas o ano pasado permitíndonos así decorar máis superficie que o ano pasado continuando así co proxecto iniciado no curso 2022-23 polo anterior docente de EPVA Alberto Mera.

Tamén se decorou o punto lila para a ocasión polo alumnado de ciclos de Imaxe Persoal e a súa profesora Mercedes Pose que crearon diferentes pósters/carteis para a ocasión con información dalgunhas mulleres científicas, matemáticas, lingüísticas, informáticas, cosmetólogas, etc., tratando de incluír deste xeito diferentes eidos da ciencia. Estes arquivos compartíronse tamén co claustro para que se puidesen empregar durante as titorías. Ademais, como sempre, o punto lila conta na súa decoración coa colaboración da biblioteca, xa que se exhiben libros que están dispoñibles para préstamo, mostrando deste xeito a gran variedade de libros que están relacionadas coa temática neste intre da muller e da nena na ciencia, e promocionando así os recursos do instituto e a lectura de lecer.

A maiores, o alumnado de 4º ESO A e B uniuse á charla sobre IA (intelixencia artificial) o pasado xoves 8 de febreiro organizada polo museo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) da Coruña. Se ben diferentes grupos de informática uníronse á toda a xornada o alumnado de 4º ESO A e B fixeron a charla introdutoria “Comprender a IA” por Bertha María Guijarro Berdiñas.

No IES de Teis consideramos que a ciencia tamén é cousa de nenas!

 

Galería de imaxes do evento

Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F Decoración 11F

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License