Skip to main content

Cursos Capacitación Dixital

Cursos de Capacitación Dixital

O IES de Teis oferta cursos de Capacitación Dixital nivel básico, dirixidos a PERSOAS ADULTAS (traballadoras, desempregadas, ...) que queiran mellorar as súas HABILIDADES DIXITAIS e adquirir destreza no manexo das novas tecnoloxías e Internet.

Son cursos de 30 horas, GRATUITOS, con CERTIFICACIÓN OFICIAL DE CAPACITACIÓN DIXITAL DE NIVEL 2 DO CATÁLOGO NACIONAL (IFC748_2).

O curso impartirase dende o martes 16 de Abril ao martes 7 de Maio, os martes, mércores, xoves e venres, en horario de 16.00h a 18.30h.

Poderás realizar a inscrición dos seguintes xeitos:

  • Chamando ao 886 12 04 64 ou
  • A través do seguinte formulario
  • Presencialmente no IES DE TEIS (Avenida de Galicia 101 -36216 Vigo)

Entre os contidos a traballar atópanse os seguintes:

  • Administración electrónica: solicitude de citas médicas, obtención de certificados, emprego de apps,...
  • Empregar sistemas de identificación: Chave 365, Clave Pin, Certificado dixital, ...
  • Uso da banca electrónica e Bizum.
  • Compartir e comunicarte a través das redes sociais: Whatsapp, Instagram, ...
  • Deseñar as túas propias creacións dixitais
  • Comunicarte cos teus amigos e familiares con videoconferencia, correo electrónico,...
  • Atopar en Internet a información que buscas con máis exactitude.
  • Compartir e almacenar información na nube
  • Autenticación de doble factor
  • Moitas outras cousas máis relacionadas con Internet, as redes sociais, , ....
 

Cursos de Capacitación Dixital <br />
Cursos de Capacitación Dixital Cursos de capacitación dixital para a cidadania

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License