Skip to main content

Currículum Vitae

O currículum vitae contén o teu historial profesional. Recompila datos académicos, de experiencia laboral, coñecementos de idiomas e informáticos, etc…

Cuestións a ter en conta antes de redactar o teu currículum:

  • Debe ser breve, non ocupar máis de dúas páxinas.
  • Coida a presentación: que sexa lexible, ben estruturado, parágrafos ben separados, sen incorreccións ortográficas, co aspecto estético adecuado ao posto…De empregar foto, que esta teña calidade e sexa adecuada (a mesma foto que empregas para o carné de identidade a miúdo é moi plana e non adoita favorecernos moito)
  • No apartado de experiencia laboral, describe as funcións realizadas en cada posto de traballo. Debe quedar claro o que sabes facer. Podes mencionar algún proxecto no que participaches relevante para a empesa.
  • Indica técnicas de traballo (masaxes, tratamentos de mans…) aparatoloxía estética, linguaxes de programación, sistemas operativos, tipos de redes, etc…
  • Revisa minucionamente o currículum procurando que outras persoas fagan o mesmo antes de entregalo.
  • Entrega o currículum en formato pdf.

No seguinte enlace aos documentos EUROPASS podes confeccionar o currículum e máis a carta de presentación. Podes ver na imaxe un exemplo.

https://europass.cedefop.europa.eu/editors/es/cv/compose

Existen en internet outras ferramentas que che permiten crear currículums, por exemplo esta:

https://europass.cedefop.europa.eu/editors/es/cv/compose

https://entrevistadetrabajo.eu/plantillas-curriculum-vitae