Skip to main content

Recomendacións xerais para a xestión da COVID-19 para o curso 2022-2023

Durante o curso 2022-2023 non haberá un protocolo específico de adaptación ao contexto da Covid-19 no ámbito educativo. Non obstante, será preciso observar unha serie de recomendacións:

  • Ventilación de espazos.
  • Hixiene de mans e respiratoria.
  • Uso da máscara:
    • Persoas que presenten síntomas compatibles coa Covid -19.
    • Persoas con criterios de vulnerabilidade, especialmente en situacións de alta incidencia comunitaria.
    • Persoas que presenten sintomatoloxía respiratoria, con ou sen sospeita de Covid-19.

Se unha persoa presenta síntomas compatibles coa Covid-19 non precisa illamento pero deberá utilizar máscara e manter una hixiene de mans e respiratoria axeitada. Tamén evitará a interacción con persoas vulnerables. En calquera caso, se a sintomatoloxía lle impide asistir con normalidade ao centro, non acudirá, como no caso de calquera outra enfermidade común

Consulta o documento completo aquí.