Enviado por admin o Mar, 19/10/2021 - 18:14
Convócanse bolsas Erasmus para a realización de cursos en países da Unión Europea. Estas mobilidades están dirixidas a Profesorado de ESO, Bacharelato, equipo directivo, Orientación e departamento de proxectos internacionais.
Nesta convocatoria (outubro 2021 - novembro 2021) disporase de 5 mobilidades para o profesorado e 1 reservada para o equipo directivo. No caso de non haber solicitudes no equipo directivo a praza sumarase ao grupo do profesorado.
Para solicitalas deberase cubrir o documento específico que se poderá atopar en secretaría ou nesta ligazón. Unha vez cuberto deixarase en secretaría á atención do departamento de Proxectos Internacionais. O prazo máximo de presentación de solicitudes é ata o 22 de novembro de 2021 inclusivo.
Información completa neste documento.