Skip to main content

Conferencia: Móbiles como sistemas de intelixencia de negocios

Foto da conferencia de Miguel Arean titulada Moviles como sistemas de inteligencia de negocios

Onte, xoves 23 de novembro de 2018, Miguel Areán (@zenjaone) estivo impartindo unha charla denominada "Móviles como sistemas de inteligencia de negocios" no salón de actos do noso centro.

A charla impartiuse nas dúas quendas e estaba dirixida ao alumnado de ciclos de informática aínda que tamén se animaron outros alumnos e alumnas doutras especialidades.

Na charla explicou como se utilizan os datos de usuarios para incrementar os beneficios utilizando técnicas de Big Data e Data Minning. Fixo unha pequena demostración con algunha ferramenta onde se podía ver como en menos de 3 minutos obtiña datos de interese para empresas de usuarios da rede social Twitter.

A continuación a charla dirixiuxe cara ao poder que teñen os móbiles para proporcionar datos relevantes de usuarios que logo son vendidos ás empresas para facer campañas publicitarias específicas e dirixidas.

Nun ton distendido, Miguel Areán contaxiou da súa enerxías ao alumnado que participou facendo numerosas preguntas.

Dende o centro agradecemos a Miguel a súa colaboración na actividade.

Deixámosvos unhas fotos do acto.

 

Galería de imaxes do evento

Foto da conferencia de Miguel Arean titulada Moviles como sistemas de inteligencia de negocios Foto da conferencia de Miguel Arean titulada Moviles como sistemas de inteligencia de negocios Foto da conferencia de Miguel Arean titulada Moviles como sistemas de inteligencia de negocios Foto da conferencia de Miguel Arean titulada Moviles como sistemas de inteligencia de negocios Foto da conferencia de Miguel Arean titulada Moviles como sistemas de inteligencia de negocios

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License