Skip to main content

1º CONCURSO DE MICRORRELATOS

A Biblioteca do IES de Teis, co propósito de fomentar a creatividade e o interese pola actividade literaria nas linguas extranxeiras (francés e inglés), convoca o

1º CONCURSO DE MICRORRELATOS

BASES DO CONCURSO

  1. O concurso lanza dúas categorías:
    • Microrrelatos escritos en lingua francesa.
    • Microrrelatos escritos en lingua inglesa.
  2. As obras deberán estar escritas na lingua seleccionada e ter un máximo de 100 palabras entre as que deben aparecer de forma obligatoria : “móbil” (mobile-portable) , “salto” (jump- sunt) e “soño” (dream-rêve).
  3. A temática do microrrelato, será libre, sempre que se cumpra o dito no punto 2.
  4. O prazo para presentarse ó concurso remata o 15 de Abril de 2018.
  5. As obras serán orixinais, inéditas, non premiadas anteriormente en ningún outro concurso, nin suxeitas a compromiso de edición.
  6. Os traballos presentaranse, preferiblemente, na biblioteca ou a través de correo electrónico (acobo@edu.xunta.es).

    * Se se envía por correo electrónico, no asunto especificarase: Certamen de microrrelatos e acompañarase nun arquivo adxunto (en formato.pdf).

    * Se o traballo se entrega na Biblioteca, presentarase nun sobre no que aparezca o título do microrrelato.

  7. Os premios fallaranse o 15 de Maio de 2018.
  8. Os traballos premiados serán publicados na web do centro na sección da Biblioteca . En ningún caso, se cederán a terceiros, salvo autorización expresa do autor.
  9. Os participantes serán alumnos actuais do Ies de Teis e garantizarán que son os lexítimos autores dos microrrelatos presentados.
  10. De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase de que os datos proporcionados polos participantes formarán parte dun ficheiro que ten coma única finalidade a xestión da participación nesta convocatoria.
  11. Os organizadores comprometense a indicar o nome do autor nas súas reproducions.
  12. O fallo do xurado será inapelable, e poderase declarar deserto se os membros o consideran oportuno.
  13. Concederanse dous premios en cada unha das categorías que consistirán: nun diploma acreditativo do mesmo e nun libro , a elexir polo/la gañador/ra, que terá un importe máximo de 30 euros.