Skip to main content

Presentación libro Comando Igualdade

<br />
    Presentación do libro Comando Igualdade

Con motivo do 8 de marzo, Día internacional da muller, tivemos a sorte de poder contar no noso centro con Chis Oliveira e Priscila Retamozo que nos presentaron o seu libro Comando Igualdade: a mocidade facendo a revolución feminista nas aulas, no que se narran as súas experiencias na creación do Comando Igualdade no IES Alexandre Bóveda.

Despois dunha charla no salón de actos, as nosas alumnas Olaia e Lara tiveron a ocasión de entrevistalas na radio, podedes oír a entrevista en radio.iesteis.gal.

Foi unha fántástica xornada na que compartiron co profesorado e alumnado no IES de Teis a súa longa experiencia, coñecemento e sabidoría. Noraboa por este estupendo libro e grazas a Chis e a Priscila por impulsaren a igualdade de xénero en todos os eidos. Grazas tamén por estaren en Teis nesta conmemoración do 8M.

Velaquí o vídeo da charla:


 

Galería de imaxes do evento

Presentación do libro Comando IgualdadePresentación do libro Comando IgualdadePresentación do libro Comando IgualdadePresentación do libro Comando IgualdadePresentación do libro Comando IgualdadePresentación do libro Comando IgualdadePresentación do libro Comando IgualdadePresentación do libro Comando IgualdadePresentación do libro Comando IgualdadePresentación do libro Comando Igualdade

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License