Skip to main content

Base datos candidatos/as que procuran emprego

No Servizo de Orientación ao Emprego do IES de Teis contamos cunha base de datos do alumnado, coa finalidade de facervos chegar as ofertas de traballo que as empresas envían ao Centro.

Ofrecemos ao alumnado do IES de TEIS a oportunidade de atopar un traballo, recibindo ofertas de emprego dos nosos perfís profesionais e contactando coas empresas que os demandan.

Para formar parte desta base de datos, é preciso descargar este impreso e entregalo cuberto e asinado no Servizo de Orientación ao Emprego do IES de Teis, ou ben envialo por email a Adelina Cobo Rodríguez (Correo2) ou María Jesús Diéguez Machado (Correo1). Non esquezas asinar!!

DESTINATARIOS/AS:

Alumnado do IES de TEIS titulado nos CICLOS FORMATIVOS de FORMACIÓN PROFESIONAL que oferta o centro.

Requisitos: non ter transcorrido máis de cinco anos dende a finalización dos estudos no IES de TEIS.

IMPRESO RECOLLIDA DATOS ALUMNADO QUE PROCURA EMPREGO