Skip to main content

Actos conmemorativos 25N

Actos conmemorativos 25N

Un ano máis, o 25 de novembro conmemorouse o Día internacional da elimicación da violencia contra as mulleres.

Este ano, o grupo de igualdade e o de biblioteca colaboraron para preparar unha exposición de calzado de muller baleiro que pretende recordar e homenaxear ás 37 mulleres asasinadas por causa da violencia machista no que vai de ano, acompañado por un cartel deseñado de forma altruísta por Irea, alumna de 2º DAW.

Co voluntariado de igualdade tamén instalamos o Punto Lila, na entrada do instituto, un punto de información e materiais sobre violencia de xénero e igualdade, que pasará a ser permanente.

Do mesmo xeito, no andar superior creouse un espazo expositivo con axuda do alumnado de educación plástica e no inferior outra exposición onde o Departamento de Imaxe Persoal recreou, como traballo de aula no módulo de maquillaxe, a imaxe do maltrato na cara das nosas alumnas.

Nas semanas anteriores, realizáronse unhas xornadas de formación para a prevención da violencia sexual, dirixidas ao alumnado do centro, dentro do programa do concello EnlazaVigo. Tamén se realizaron carteis para dar visibilidade ao dano social da violencia, como o mural con mans lilas con mensaxes contra a violencia contra as mulleres.

Gravouse ademais un vídeo con axuda do alumnado dos distintos grupos da ESO, Bacharelato e ciclos de FP no que expresaban as súas reflexións e opinións sobre a violencia contra as mulleres, que se pode visualizar aquí.

Aproveitamos para agradecer a todo o alumnado e profesorado implicado nestas múltiples iniciativas. Un ano máis, non será o último, pero camiñamos con paso firme cara ao momento no que nin un só zapato vermello teña xa cabida no nosa sociedade.

Galería de imaxes do evento

Actos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25NActos conmemorativos 25N

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License

Todos os días deberían ser o día contra a Violencia de Xénero