Skip to Content

O alumnado de 3º da ESO participa na actividade "Imos limpar"

O pasado mércores día 10 de xaneiro o alumnado de 3º da ESO participou na actividade medioambiental Imos limpar, organizada pola OMIX do Concello de Soutomaior e o Dpto. de Tecnoloxía, que consistiu na recollida de residuos plásticos na praia do Puntal dentro do mesmo municipio.

A actividade comezou no instituto cunha pequena charla impartida por monitores expertos na materia, para despois facer o traballo de campo, onde as alumnas e alumnos puideron comprobar o problema dun consumo irracional dos plásticos e da pouca conciencia medioambiental que temos. O material recollido foi do máis variado: envases de distintos tipos e tamaños, tapóns, cordas, porexpán, xeringas, bastonciños dos ouvidos e restos da actividade pesqueira.

Despois da limpeza, unha parte do lixo foi recollido polos servizos de limpeza municipais e coa outra as alumnas e alumnos deseñaron unha pequena escultura para amosar e concienciar o resto do alumnado dun uso racional destes produtos.

Reciclaxe a través da arte, crónica da actividade no Faro de Vigo (10-01-2019).

Os nenos de Soutomaior pásanse ao 'trash art' e converten refugallos en obras de arte", nova e imaxes no Xornal de Vigo (10-01-2019).



page | by Dr. Radut