Skip to Content

Blogue de Biblioteca

Clubs de lectura 2019 - 2020

Durante este curso académico 2019 - 2020 desenvolveranse no noso IES catro clubs de lectura:

- Club "Petiscos de arte" (alumnado de 1º e 2º ESO). 

- Club "Lecturas pola igualdade" (alumnado de 2º a 4º ESO)

- Club "Historias da historia" (alumnado de 4º ESO a 2º Bacharelato)

- Club integrado no proxecto interdisciplinario de 4º ESO.

Podes ver o calendario das sesións que se realizarán e as actividades propostas no blog da biblioteca do IES de Soutomaior: https://bibliotecaiessoutomaior.blogspot.com/

 

Actividades de biblioteca 2019 - 2020

A Biblioteca Escolar do IES Soutomaior coordina, durante o curso académico 2019/2020, as seguintes actividades de animación á lectura desenvolvidas no centro:

  • Hora de Ler: Como nos cursos anteriores, continuamos coa Hora de Ler, na que o alumnado e profesorado dedican unha sesión semanal dentro do horario lectivo á lectura. As aulas de 1º a 4º de E.S.O. contan con caixas de libros diversos (novela, banda deseñada, poesía, divulgación...) e escollidos en función dos intereses e idades dos destinatarios. 
  • Clubs de lectura: Os clubs de lectura desenvólvense fóra do horario lectivo (martes entre as 15:00 e as 16:00 horas) e con participación voluntaria. Convócanse a mediados de outubro e funcionan con sesións mensuais entre novembro e maio. Neste curso académico 2019-2020 estarán en funcionamento catro clubs de lectura (banda deseñada histórica a partir de 4º E.S.O., Club "Petiscos de arte" para alumnado de 1º e 2º  E.S.O., "Lecturas pola igualdade" para 2º e 3º ESO e o club de lectura relacionado co Proxecto Interdisciplinario da viaxe de fin de etapa en 4º E.S.O.).
  • Elaboración de trípticos e exposicións temporais.

Para seguir o desenvolvemento das distintas actividades, podes consultar o blog da biblioteca.

Actividades de animación á lectura

A Biblioteca Escolar do IES Soutomaior coordinou, durante o curso académico 2018-2019, as seguintes actividades de animación á lectura desenvolvidas no centro:

  • Hora de Ler: Como nos cursos anteriores, continuamos coa Hora de Ler, na que o alumnado e profesorado dedicaron unha sesión semanal dentro do horario lectivo á lectura. As aulas de 1º a 4º de E.S.O. contan con caixas de libros diversos (novela, banda deseñada, poesía, divulgación...) e escollidos en función dos intereses e idades dos destinatarios. 
  • Clubs de lectura: Os clubs de lectura desenvolvéronse fóra do horario lectivo (recreos) e con participación voluntaria. No curso académico 2018-2019 funcionaron cinco clubs de lectura (banda deseñada a partir de 3º E.S.O., banda deseñada 1º E.S.O., banda deseñada 2º E.S.O., club de poesía e club de narrativa breve).
  • Elaboración de trípticos e exposicións temporais.

Para seguir o desenvolvemento das distintas actividades, podes consultar o blog da biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut