You are hereActividades

Actividades


Mes da Ciencia nas Bibliotecas Escolares

 Co gallo do Mes da Ciencia nas Bibliotecas Escolares, realizamos una videoconferencia sobre Divulgación Científica a cargo de Darío García exlumno do IES Saturnino Montojo que agora estuda en Madrid 3º de Bioquímica. Darío estivo no noso Programa de Correspondentes Xuvenís desde 3º de ESO ata que marchou do Centro. Agora segue colaborando connosco desde Madrid. Nesta ocasión compartiu cos alumnos de 4º o seu interese pola divulgación científica que é fundamental para dar a coñecer á sociedade os avances da ciencia.

Unha vez máis a nosa biblioteca foi punto de encontro para empregar a videoconferencia como plataforma de transmisión de coñecementos.

 Ademais adquirimos libros sobre divulgación científica.

  

VIDEOCONFERENCIA CON FRANCISCO CASTRO para falar do seu libro O NENO CAN

Foi un grande privilexio contar con Francisco Castro a través de videoconferencia e compartirmos con el as reflexións o seu libro O Neno Can. Os alumnos fixéronlle  preguntas sobre o libro, sobre o seu traballo como escritor e responsable da editorial Galaxia.  Francisco contestou a todas as preguntas e quedamos encantados coas súas reflexións  claras e moi enriquecedoras.

CLUB DE LECTURA 14 NOVEMBRO

Un numeroso grupo de alumnos de  2ª,3ª e 4ª de ESO debateron sobre  a obra de Francisco Castro e Fina Casalderrey, O neno can, Ed. Galaxia. Que ademais de permitirlles   reflexionar  sobre os dereitos da infancia e a súa conculcación sistemática en moitas partes do mundo, supón un compromiso cos máis desfavorecidos,  pois parte dos beneficios da venda da obra  son destinados por Galaxia  a UNICEF).

Foi un encontro moi produtivo que  continuará  a través dunha videoconferencia co autor.

RECITADO POÉTICO INTERCENTROS NO CARVALHO CALERO

O tema escollido este ano: AS EMOCIÓNS. Poemas seleccionados de varios autores (selección a partir de obras da nosa biblioteca)

Foi moi  interesante participar novamente neste certame de poesía e compartir as emocións con outros institutos de Ferrolterra  e con rapaces de todas as idades.

Un ano máis os nosos participantes fixérono  estupendamente e quedaron con ganas de máis.

CELEBRACIÓN DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro No IES SATURNINO MONTOJO celebramos o Día Internacional das Bibliotecas realizando diversas actividades todas destinadas a gozar dos libros e converter a nosa biblioteca escolar nun espazo vivo no que investigamos e respondemos preguntas sobre libros co alumnado de ITI de 2º de ESO e cos rapaces e rapazas de 1º de ESO de Oratoria achegámonos á poesía, seleccionando textos que nos emociona par adespois recitalos na próxima sesión do club de lectura. Tamén escoitamos a autoras recitar os seus poemas.

Ir á Biblioteca e descubrir os seus tesouros é moi divertido!

             

NÓS TAMÉN CONTRA OS INCENDIOS E O CAMBIO CLIMÁTICO

Tras a tráxica fin de semana durante a cal Galicia se viu arrasada polos incendios, desenvolveremos nas aulas unha serie de actividades de concienciación: análise de danos, reflexións sobre o que se fixo mal e o que propoñemos para o futuro. Na biblioteca recolleremos as novas de prensa que se referían a este tema  e participamos en dous  faladoiros sobre este tema.

A participación foi numerosa e o alumnado fixo interesantes reflexións e achegaron ideas para N0VOS CAMIÑOS DE FUTURO NESTE TEMA

No taboleiro de Camiños de vida escribiremos citas relacionadas co tema.

A TERRA NON É UNHA HERDANZA DOS NOSOS PAIS, SENÓN UN PRÉSTAMO DOS NOSOS FILLOS.     

SAÍDA CULTURAL AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL E Á BIBLIOTECA MUNICIPAL CENTRAL

O pasado 11 de outubro os alumnos de 1º de ESO acudiron, ao que se está a converter nunha visita tradicional, á Biblioteca Municipal da Praza de España  e ao Museo Galego de Historia Natural. As dúas visitas guiadas  e , agardemos, moi proveitosas.

 

 

Roteiro San Felipe 2º ESO

Os alumnos de 2º de ESO realizaron un roteiro entre os castelos de San Felipe e San Cristovo,  no que ademais de gozar dunha  fermosa xornada na natureza e cun tempo estupendo, aprenderon sobre a súa contorna artística e cultural  e ecolóxica,   e se  puxeron  en forma cuns quilómetros de camiñada.

O alumnado realizou interesantes  presentacións e reportaxes sobre  o roteiro

 

ENTREVISTA RADIOFÓNICA AOS CORRESPONDENTES XUVENÍS

Uxía, Lucía e Carme acoden á radio  como representantes dos Correspondentes para explicar o seu traballo e fan unha brillante intervención radiofónica.


ALGÚNS CAMIÑOS REMATAN CUN PREMIO AO FINAL. ESTES SON OS NOSOS GAÑADORES DOS DISTINTOS CERTAMES

  • Litelingua: Equipo de1º ESO A: Mapala estrelas , integrado por Carme Mª, Paula e Laura coordinados por Ariadna  de 2º C
  • Premios  do Certame de Artigos de opinión Nós tamén á marxe,  co que fixemos unha fermosa homenaxe a  Carlos Casares

 Alumnas premiadas: Enma Vázquez e Carme Fuentes.

  • Premios aos grupos gañadores dos Camiños matemáticos
  •  Premio  ás mellores fotografía do Certame fotográfico Camiños

 Alba González de 4º ESO

 Cristian Martínez do Ciclo formativo