Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Comunicacións

O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro gañador de dous premios da Competición de Robots organizada pola UVIGO.

O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro gañador de dous premios da Competición de Robots organizada pola UVIGO. Ao longo de toda a mañá do venres, 21 de abril, o alumnado participou nas probas, acompañado polo profesorado, José Antonio López García e Luisa Alonso Costoya, que estiveron traballando nos últimos meses nas aulas cos grupos participantes. Velocikar, de primeiro /segundo da ESO gañou o segundo premio na categoría BeRobot, e o grupo TukiTuki levouse o premio STEM. Parabéns! Máis fotos no enlace   enlace

O equipo TukiTuki integrado por rapazas                                                                 Equipo Velocikar  2º premio

Estudos de bacharelato no noso centro

Información básica para alumnado que cursa ou ten pensado cursar o bacharelato no noso centro.

  • Currículo
  • Ponderación de materias na ABAU
  • Notas de corte das titulacións do sistema universitario galego
  • Modalidades de bacharelato no noso instituto
    • Cambios de modalidade/itinerario/materia en bacharelato

Admisión centros adscritos. Comezo do período de reserva de praza para o curso 2023-2024.

Reserva de praza. Alumnado que cambia de etapa (Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria) e desexa continuar estudos no centro de adscrición; prioridade respecto do que non procede de centros adscrito. 

  • Prazo: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.
  • Formulario: ED550A
  • Procedemento: A solicitude cubrirase preferiblemente na aplicación [admisiónalumnado] e presentarase en Sede Electrónica ou de forma presencial no centro de orixo do alumnado.
    • Centros adscritos: CEIP Lope de Vega e CEIP Altamar
  • Normativa: http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/38868

 

Candidaturas á renovación do Consello Escolar / Constitucións das mesas electorais e votacións

  • Publicadas as candidaturas dos diferentes sectores do centro educativo na cortiza destinada ás comunicacións do Consello Escolar no vestíbulo de entrada.

Convocatoria de eleccións de representantes no Consello Escolar

Renovación parcial do Consello Escolar.

Sector alumnado e sector pais/nais do alumnado

Segundo o establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 30/09/2022), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,  nos SECTORES DE ALUMNADO e PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as normas reflectidas en documentación adxunta. 

As candidaturas poden ser presentadas:

  • ●  Na Secretaría do centro do IES San Tomé de Freixeiro.

  • ●  No enderezo de correo electrónico:

    ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

○ Indicar en asunto “Candidatura ao C.E. no sector ...............”

Prazo de presentación: dende o 11 ao 18 de novembro de 2022.