Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Escolares

Atelier crêpes

O pasado 23 de febreiro o alumnado de 2º ESO participou nunha actividade organizada polo departamento de francés aproveitando a cercanía das datas do Entroido. Nesta época é habitual facer e comer as crêpes e les fixeron o mesmo d aman de Jérémy e o seu food truck. Primeiro asistiron a unha expliación sobre o orixe das crêpes e da rexión da Bretaña, da que son orixinarias, ademais do propoio Jérémy. Logo fixeron un xogo de rol e pideron e consumieron os doces. Tamén tiveron a oportunidade de subir ao camión e de cociñar a súa propia crêpe. Unha forma divertida e deliciosa de praticar a lingua francesa e aprender. 

Premede aquí para ver máis fotos

O IES SAN TOMÉ E AS MULLERES QUE NOS LEVARON A LÚA

O noso IES dispon da exposición itinerante "As mulleres que nos levaron á Lúa" organizada pola Universidade de Vigo (eXXperimenta en feminino). A exposición está formada por 12 carteis sobre mulleres cun destacado papel na conquista do espazo. De cada protagonista, a exposición recolle información sobre a súa vida, as súas aportacións e os recoñecementos que recibiron tanto en vida como posteriormente. O público pode coñecer a aquelas mulleres que desde a sombra axudaron a que a humanidade puxera un pe na  lúa e este pensando na próxima viaxe a Marte.
A exposición estará dispoñible ata o 10 de xaneiro do 2023.

 

Foto

 

II Certame de relatos curtos e de medo IES San Tomé do Freixeiro

Entrega de premios ao II Certame de relatos curtos e de medo IES San Tomé do Freixeiro, convocado polo Departamento de lingua castelá e literatura. Parabéns aos seis e a seguir enchendo a vosa vida de historias!

NOTA: Respectáronse os textos orixinais

 

Neste enlace podedes ver as fotos das e dos gañadores

O IES San Tomé participa no programa EnlazaVigo contra a violencia de xénero

Outro ano máis o alumnado de 4ºESO participou no programa EnlazaVigo que contra a violencia de xénero organiza o concello  no Auditorio Mar de Vigo. Como toma de consciencia inicial sobre esta problemática, o departamento de Orientación do instituto en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual preparou un "corner" informativo e unhas ás que permiten un "photocall" para voar con igualdade. Deste xeito
conmemoramos o 25N,  Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.
 
 

Plan proxecta "Apuntámonos a non beber". Comeza a participación do alumnado de 1º ESO

O luns 21 e martes 22 de novembro o alumnado de 1ºESO participou na primeira intervención realizada por persoal experto do departamento de prevención e conductas aditivas da Consellería de Sanidade.

O obxectivo do proxecto é previr o inicio do consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas no noso alumnado e desnormalizar a conducta de beber alcohol na mocidade.

Os contidos das charlas foron dar a coñecer ao noso alumnado que é unha adición, porque o consumo de alcohol é un problema para a sociedade, cales son as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) en consumo de bebidas alcohólicas, e mitos e verdades sobre as bebidas alcohólicas e enerxéticas.

 

Saída complementaria do alumnado de 2 BAC A,D,E o día 17 de novembro do 2022.

 O alumnado de 2 Bac acompañados polas profesoras Neves Hermida( LG) e Luz Alonso(EDLG) asistiron á conferencia de Manuel Núñez Singala :" A lingua galega unha oportunidade" o día 17 de novembro no Auditorio do Concello de Vigo

Neste enlace podes ver todas as fotos

Gañadores do primeiro premio do 3º Certame de Regueifas da Deputación da provincia de Pontevedra.

 

No certame que se celebrou o venres, día 18 de novembro,  participou alumnado de segundo da ESO, e segundo de bacharelato. O equipo gañador,  formado por oito alumnos e alumnas, foi agasallado cun portátil e unha rosca que compartiron no centro educativo. O gañador absoluto, Rodrigo Chenlo Andrade de 2º BAC C, recibiu unha táblet. 

Parabéns a todos o que o fixeron posible!

 

Semana branca en Andorra. Curso 2021-22

Actividade desenvolta polo alumnado de 3º ESO. Fai click aquí para acceder ás fotos da viaxe