Iniciar sesión: Acceso

Escolares

OS MAIOS

Como é ben coñececido, aquí en Redondela celebramos todos os anos a festa dos maios para exaltar a chegada da primavera. O alumnado de 1º C tamén quixo crear as súas propias coplas na aula e este foi o resultado.

 

Beirarrúas ensanchadas,

bolardos e arboriñas,          

portugueses traballando,

e os de aquí sen traballiño.

 

O alcohol está moi caro,

éche unha pasada,

para mollar as penas

mellor auga osixenada.

 

Estes anos coa crise

non podemos traballar

con Rajoi no goberno

só facemos pagar.

 

Nós traballamos para os maios

facendo un traballón,

mentres que os futbolistas

cobran euros a millóns.

 

Isto non pode ser,

que gañen moitos millóns.

os do fútbol, sempre igual,

todos uns tacañóns.

 

O Celtiña está moi mal,

este ano vai baixar.

Como non gañe os partidos

a xente vai chorar.

 

Chopi e un personaxe

a xente riu un montón

mandárono a unha boda

e disfrazouse de dragón.

 

Cataluña, independencia

buscan a separación

non queren ser europeos

queren sacar os millóns.

 

Chegou a hora final

dicimos adiós co corazón.

Eu só os teño que dicir

ata logo chao camión.

 

 Alberto, Omar, Hugo, Paulo, J. Manuel.

 

 

Estamos en Redondela

hoxe non imos estudar

porque imos festexar

unha festa popular.

 

Mañá iremos ó colexio

sen tempo de descansar

os nosos pais non entenden

que tamén hai que xogar.

 

Nas noticias están dicindo

moita cola no paro hai,

pero o bar da miña rúa

sempre está a estoupar.

 

A Barraca é moi barata,

o churreiro só fai cobrar

menos mal que está a de Isa

á que nós imos gastar.

 

Con isto nos despedimos.

Deica logo, ata mañá,

non queremos pensar máis

no que nos pode pasar.

 

Natalia, Jorge, Samuel, Adrián, Raquel e Antía.

 

Cando imos ir comprar

nada podemos mercar

por culpa dos políticos

que non nos deixan traballar.

 

A crise non remata,

seguimos sen traballar

nada fan os políticos

para podelo arranxar.

 

Cando facemos os maios

non temos con quen tratar

fáltannos os medios

para saír do sofá.

 

Cando cantamos estas coplas

acordamos dos patáns

que están no goberno

cobrando sen parar.

 

Non se recortan os soldos

xa non aguantamos máis

as tesoiras do goberno

moi afiadas están.

 

Lucas, Alba B, Anxo, Pablo, Antonio, Sabela

MAGOSTO 2012

 

Preme na imaxe e accede aos resultados da Carreira de Sacos.

 

Preme na imaxe e accede aos resultados da Corda.

Actividades 2012-13

- 25 de novembro DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. prema aquí

Acto de despedida 4º ESO

Preme para ver as fotos.

Si tes problemas para ver as fotas descarga 7-zip gratuito.

O noso paso polo Illa e o día da paz

Preme no enlace . O noso paso polo ILLA.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Magosto made in Ramiro 2011/12

sentímolo, flash non está dispoñible.

FOTOS ATLETISMO 2012

 Preme na imaxe e accede.

RESULTADOS CAMPIONATO ATLETISMO 2012


Pulsa na imaxe e accederás aos resultados do campionato de atletismo 2012.

Piragüismo 2011

sentímolo, flash non está dispoñible.

Magosto 2010

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido