Iniciar sesión: Acceso

INFORMACIÓN ESTADÍAS LINGÜÍSTICAS EN INGLÉS

 

Para coñecer os distintos sistemas de acreditación do dominio de inglés preme aquí.

Para estar ao tanto da convocatoria de estadías dun ano escolar no estranxeiro ( Estados Unidos ou Canadá) pola bolsa da Fundación Amancio Ortega preme aquí.

Para ter información sobre as novidades da Consellería de educación en canto ao inglés, preme aquí.

Hai tamén moitas empresas privadas que organizan estadías de inmersión lingüística. Algunhas organizan estadías nun summer camp no que se fala en inglés sen saír de Galicia. Tamén hai estadías similares nalgúns puntos de España. Outras empresas ofrecen a posibilidade de ir dúas ou tres semanas a  un país anglófono:  Reino Unido, Irlanda, Malta, Estados Unidos.... Recomendamos comparar programas de posibles estadías e valorar opinións de coñecidos que xa asistiran a cursos similares.

A Xunta de Galicia soe ofertar, en febreiro, prazas para estadías no estranxeiro pero para Bacharelato. Estade atentos para ver se cumprides os requisitos. Preme aquí para ver a convocatoria doutros anos.

A Consellería de Educación soe publicar, a finais de marzo ou en abril,  información sobre bolsas que cubran parte dos gastos dunha estadía lingüística no estranxeiro, organizada pola empresa Eurolingua. Se queres ver a convocatoria de anos anteriores, preme aquí.