Ábrese o prazo para pagar a cuota da ANPA PAULINA SÁNCHEZ OTERO. A cuota anual por familia é de 12 € a ingresar na seguinte conta bancaria de ABANCA:
IBAN ES74 2080 3568 0730 0001 6901
*Importante: Hai que poñer no apartado CONCEPTO o curso, clase e nome d@ alumn@*
Non é obrigatorio estar asociada á ANPA, pero nese caso, o alumnado non se beneficiara das axudas que se destinen a sufragar as diferentes actividades.
Pedimos a colaboración activa de todas as familias, por iso, agradecemos:
1) Cubrir o formulario con os datos d@ alumn@/s e curso/s (UN FORMULARIO POR FAMILIA).
2) Facer o ingreso da cuota da ANPA (os 12 euros).
Podedes enviarnos un correo electrónico a anpapaulinasanchez@gmail.com. Indicando o nome/s, curso e clase d@ alumn@, Teléfono de contacto e correo electrónico de contacto. Indicar se desexas ser incluído no grupo de avisos por Telegram e axuntar o xustificante de pago.
O prazo para asociarse neste curso 2021/2022 remata o 30 de novembro de 2021.
Calquera dubida ou aclaración, podedes dirixila ao email anpapaulinasanchez@gmail.com.