Iniciar sesión: Acceso

NORMAS DE PRÉSTAMO PARA ESTE CURSO... É FÁCIL, NON DEIXES DE LER!

Estimad@s alumn@s e familias!

Como sabedes, neste curso tivemos que adaptar as normas da biblioteca ás nosas particularidades como centro educativo. Pero os libros da nosa biblioteca seguen vivos e dispoñibles para todas as persoas que queiran ler... Están desexando saír das estanterías así que non deixedes de solicitar préstamos!

Para facilitar os préstamos durante este curso recurrimos a peticións a través dun correo electrónico habilitado para tal fin. A coordinadora da biblioteca encargarase de pasar polas aulas para entregar os libros ao alumnado e tamén recollerá as devolucións deixándoas nunha caixa en cuarentena para hixienizar os libros e cumprir os protocolos de seguridade.

Para solicitar un libro o alumnado deberá enviar un mail a dirección prestamosiesilladesansimon@gmail.com cos seguintes datos cubertos:

NOME E APELIDOS D@ ALUMN@:

CURSO:

NÚMERO DE LECTOR DO CARNÉ DA BIBLIOTECA:

TÍTULO DO LIBRO:

AUTOR/A DO LIBRO:

Podedes comprobar previamente en Internet se o libro que solicitadas está dispoñible seguindo as pautas do noso titorial para buscar libros.

E poderedes investigar as novidades de lectura que iremos colgando en Internet no noso padlet da biblioteca, para ver se atopades algún título que vos xenere intriga. Aquí tendes os enlaces ao noso padlet de novidades da biblioteca.

Grazas pola vosa colaboración! Recordade que ler fainos máis libres e permítenos visitar lugares e persoas descoñecidas e lonxanas desde as nosas casas....

Grazas por ler!

Un saúdo!