Xefatura de estudos

AVISO PARA O ALUMNADO MATRICULADO EN 2º BAC SEMIPRESENCIAL CON MATERIAS DE PRIMEIRO

Informamos que segundo a Resolución do 18 de xullo de 2022 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, no  seu artigo 27 apartado 7 di:

 

 O alumnado matriculado en materias de primeiro e segundo no curso 2022- 2023 poderá optar, na avaliación final ordinaria entre:

 

- Adiantar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso á avaliación de maio.

 

- Realizar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso na avaliación a partir do 5 de xuño.

 

 O alumnado que opte por non adiantar a avaliación final ordinaria das materias de primeiro curso deberá comunicalo por escrito, xúntase modelo, antes do 14 de abril do 2023 en Xefatura de estudos de adultos.

En caso contrario considerarase que a opción elixida é a de adiantar a avaliación das materias de primeiro a maio.

 

Calendario exames extraordinarios de maio niveis 1 e 3 ensino secundario para adultos

Achegamos as datas e horas dos  exames extraordinarios dos niveis 1 e 3 da ESA:

 

ÁMBITOS

DÍA

AULA

HORA

Á. Científico

28 abril

Nivel 1-2

18:00-19:30

Á. Comunicación (INGLÉS)

28 abril

Nivel 1-2

19:30-21:00

Á. Comunicación

2 de maio

Nivel 3-4

Nivel 1-2

18:00-19:30 L. Castelá

19:30-21:00 L. Galega

Á. Social

3 de maio

Nivel 1-2

18:30-20:00

Avaliación: 4 de maio ás 17:00h.

 

Entrega de boletíns: 4 de maio a partir das 18:00h

 

Aclaracións ás cualificacións: Ese mesmo día dende 18:00 ata as 20:00h.

 

Reclamacións ás cualificacións: presentadas na secretaría do centro e dirixidas ao Sr. Director os días 5 e 8 de maio.

 

 

Actualización alumnado inscrito no Programa Cuale curso 22/23

A relación de alumnado inscrito no Programa Cuale a 06/03/2023 é a seguinte:

Cuale A1 Inglés     Cuale B1 Inglés

Horario das probas do simulacro da ABAU 22/23

Os días 16 e 17 de febreiro realizarase no noso centro un simulacro da ABAU. Os horarios das probas son os seguintes:

Calendario exames finais niveis 1 e 3 ensino secundario para adultos e comezo das clases nos niveis 2 e 4

Os exames finais dos niveis 1 e 3 do ensino secundario para adultos celebraranse a semana próxima os días 30, 31 de xaneiro e 1 de febreiro. A avaliación final ordinaria realizarase o día 2 de febreiro.

Tedes toda a información no seguinte enlace.

As clases dos niveis 2 e 4 comezarán o día 6 de febreiro no horario establecido. Podedes descargar os horarios:

Nivel 2         Nivel 4

 

Actualización do alumnado inscrito en Cuale A1 e B1 Inglés

Nos arquivos seguintes atoparedes unha nova actualización da listaxe de A1 e B1 con data 18/01/2023.

CUALE A1      CUALE B1         

Listaxes alumnado inscrito no Programa Cuale Inglés a 05/10/22

Con data 5 de outubro a listaxe de alumnado inscrito no Programa Cuale é a seguinte:

Horario de atención a alumnado e pais dos/as titores/as das ensinanzas de adultos curso 22-23

A continuación tedes os horarios de atención a alumnado e pais dos titores  das ensinanzas para adultos. Concertarase cita previamente co/a titor/a.

CURSO

TITOR/A

HORARIO ATENCIÓN PAIS E ALUMNADO

EDUCACIÓN SECUNDARIA ADULTOS

Roberto Pérez Rodríguez

Mércores 10:25-11:15

1º BAC SEMIPRESENCIAL

Fe Tellado Castro

Venres 9:35-10:25

2º BAC SEMIPRESENCIAL

Fina Vázquez Fernández

Mércores 10:25-11:15

CS GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS

Soledad González López

Martes 19:30-20:20

NIVEL 1 TD FÚTBOL

Rafael Castro López

Venres 11:45-12:35

Relación de alumnado admitido Programa Cuale Inglés curso 22/23

 Nos seguintes arquivos atoparedes a relación de alumnado admitido no Programa Cuale Inglés para o curso 22/23.

Listaxe de alumnado inscrito no Programa Cuale Inglés Niveis A1 e B1

Nos seguintes arquivos accederedes a listaxe de alumnado inscrito no Programa Cuale Inglés para o curso 22/23  a 9/9/22.  O prazo de matrícula remata o 15 de setembro.

Distribuir contido