Dinamización Lingüística

Rota de Sendeirismo Uxio Novoneira

Os alumn@s de 1º ESO do Ies Río Cabe de Monforte de Lemos fixeron a rota de Sendeirismo do Poeta Galego Uxío Novoneira o luns 23 de maio do 2016.
 
A rota parte da aula da Natureza de Moreda no Concello de Folgoso de Caurel e logo de pasar pola aldea de Moreda pasa por diante da casa do Poeta e remata no punto de partida. Son 8 km de ruta por sendeiros e algún tramo de asfalto ó longo do cal @s alumn@s foron lendo os poemas que están situados na rota e observando as distintas plantas presentes no percorrido.


De volta ó instituto coñeceron o pregue xeolóxico de Campodola e remataron na praia fluvial de Ribas do Sil ás 16.45h.
 
A Actividade foi realizada en colaboración cos Departamentos de Educación física, Normalización Linguística, Lingua Galega e Bioloxía. Os profesores acompañantes foron Eva López, Carme García Conde, Manolo Martínez e Carlos Parada.

Facendo click nalgunha das imaxes accédese a unha pequena galería de fotos da actividade.

Concurso de Oratoria improvisada - Alumnado de ESO

O venres 29 de Abril, ás 11.45h, no Salón de actos do ies Río Cabe celebrouse á final do concurso de oratoria improvisada para os alumn@s de 1º e 2º de ESO. Chegaron á final un total de 24 alumn@s e a gañadora desta edición foi Iván  de 1º ESO C.

O xurado estivo formado por tres profesores do centro e dous alumn@s, unha de 1º ESO e un de 2ºESO.

Esta é a Clasificación final dos 4 primeiros clasificados:

1º.... Iván------------ 1º ESO C

2º ...Uxía------------ 1ª ESO A

3º... Iván -------------1º ESO A

4º... Breixo-----------1º ESO B

Ás 13.25h, no Salón de actos do Íes Río Cabe celebrouse á final do concurso de oratoria improvisada para os alumn@s de 3º e 4º da ESO. Chegaron á final un total de 16 alumn@s e a gañadora desta edición foi Victoria de 3º ESO A.

O xurado estibo formado por tres profesores do centro e dous alumn@s, unha de 3ª ESO e un de 4º ESO

Esta é a Clasificación final dos 3 primeiros clasificados:

1º....Victoria Buvareva…3º ESO A

2º ...Maria Préstamo...3º ESO B

3º...Claudia Cerdeira 3ºESO A

A actividade estivo organizada polo equipo de normalización lingüística e o Departamento de Galego do centro.

Viaxe a Santiago do alumnado de 4º ESO

O martes día 10 de maio o alumnado de 4º da ESO, acompañados por dous profesores, fixeron unha viaxe didáctica a Santiago. En primeiro lugar visitaron o Parlamento de Galicia, onde un guía deulles explicacións tanto no que se refire ó edificio (arquitectura, usos que tivo anteriormente, disposicións das diferentes dependencias, reformas, etc.) como ó labor que se realiza nese lugar. Presenciaron  varias ponencias durante a sesión parlamentaria que tiña lugar neses momentos. A visita e as explicacións foron moi instrutivas, pero o que máis ilusión lles fixo foi que dous dos parlamentarios monfortinos, Dª. Julia Rodríguez e D. Vicente Docasar, abandonasen temporalmente o hemiciclo (onde se estaban discutindo os orzamentos da Lei da Vivenda) para manter unha conversa distendida con todo o alumnado, prestándose a responder a canta pregunta quixemos facer e explicando cales eran as súas funcións dentro do Parlamento, como chegaran aí, e incluso facendo unha representación do que poderían ser as discusións que se plantexan durante as sesións parlamentarias, esta vez comentando a LOMCE. Foi un detalle que lles agradecemos encarecidamente.



A continuación visitaron a Cidade da Cultura. Recibiron explicacións acerca da novedosa arquitectura, das funcións dos diferentes edificios, achegáronse á enorme biblioteca, incluso ó soto que comunica todos os edificios, e utilizaron o ascensor con máis capacidade de toda a comunidade, situado no edificio do museo e que se utiliza para mover esculturas e pinturas de gran  tamaño. Finalmente visitaron a exposición “Con-fío” que expón traxes históricos galegos e tamén o instrumental para tecer tanto o liño como a la, así como as dependencias e as ferramentas que utilizaban os xastres antigamente.



Logo de facer unha parada nun centro comercial para recuperar forzas, visitaron o Pazo de Oca. Lamentablemente o tempo non acompañou, pois chovía a regos. Ainda así a visita foi moi instrutiva, pois recibiron explicacións acerca da arquitectura, da historia, da sociedade que edificou eses magníficos edificios, e que encheu os xardíns de especies vexetais exóticas, que tamén tiveron ocasión de ver: sequoias, magnolios, camelios (máis de 170 variedades), cítricos, criptomerias, buxos, teixos, tileiros… os xardíns son unha marabilla, tanto a parte  de estilo francés (perfectamente estruturada) como o de estilo inglés (máis ‘natural’ e aparentemente silvestre), o estanque, os diferentes labirintos, as esculturas vexetais, a horta…



En resumo, unha viaxe instrutiva e un pracer para os sentidos. Lamentar só que o tempo non acompañase. Volveron a Monforte sobre as 20.30, algo mollados pero moi satisfeitos.

Correlingua 2016

O alumnado de 1º ESO participou o día 9 de maio na XVI Edición do Correlingua celebrado polas rúas de Monforte de Lemos. 

A actividade lúdico-reivindicativa-deportiva en defensa do Galego desenvolveuse nun ambiente festivo e de confraternización entre os diversos centros da comarca de Lemos.

 

Alumnado de 1º de Bac na obra "Des-Enlace" de TikTak teatro

O venres 6 de maio o alumnado de 1º de bacharelato asistiu a representación teatral da obra "Des-Enlace", encontrándose entre as actrices da mesma a ex-alumna do noso centro Emma Fernández Fernández. Emma forma parte do grupo TikTak Teatro da Universidade de Santiago de Compostela.

En "Des-Enlace" 7 actores dan vida a 27 personaxes diferentes que falan sobre a actualidade e o poder en forma de comedia. A corrupción, a emigración... son temas que se tratan para facer rir aos espectadores.

Concurso de Oratoria Improvisada - Alumnado de Bacharelato

O venres 22 de Abril, ás 10.25h, no Salón de actos do IES Río Cabe celebrouse á final do concurso de oratoria improvisada para os alumn@s de 1º e 2º de Bac.

Chegaron á final un total de 22 alumn@s e presentáronse 19.

A gañadora desta edición foi Henar González de 2º BAC A. -xa na edición anterior quedara entre os primeiros clasificados-, estando moi disputados os tres primeiros postos.

O xurado estivo formado por tres profesores do centro e dous alumn@s, unha de 1º Bac e un de 2º Bac.

Esta é a Clasificación final dos 5 primeiros clasificados:

1º. HENAR GONZALEZ------------2ºBac A

2º. SERGIO CASTRO--------------2ºBac B

3º. NOE TEÓFILO -----------------1ºBac A

4º. ÁNGELA GONZÁLEZ----------1º Bac A

5º. AROA MORA-------------------1ºBac B

A actividade estivo organizada polo equipo de normalización lingüística e o Departamento de Galego do centro.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade:

Charla de ex-deputados do Parlamento de Galicia

O pasado mércores 11 de novembro tivo lugar no salón de actos unha actividade proposta polo Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios. No acto, consistente nunha charla coloquio  participaron os exdeputados Nazario Pin Fernández (PPdeG), Margarita Rodríguez Otero (PSdeG-PSOE) e Mª Xosé Vega Buxán (BNG).

Estas charlas coloquio teñen como obxectivo que os estudantes poidan coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia. A charla e a rolda de preguntas por parte do alumnado completouse coa proxección dun video que fai un percorrido pola realidade da  principal institución política de Galicia.

 

Correlingua 2015

43 alumn@s de 1º ESO participaron o día 6 de maio na XV Edición do Correlingua celebrado polas rúas de Monforte de Lemos. A actividade comezou as 11.15h da mañá na Praza de Góngora do Castelo de Monforte e rematou no  parque dos Condes con diversos actos sobre ás 13h.

A actividade lúdico-reivindicativa-deportiva en defensa do Galego desenvolveuse nun ambiente festivo e de confraternización entre os diversos centros da comarca de Lemos.

Concurso "Oratoria improvisada"

O Venres 13 de febreiro celebrouse a primeira final do concurso de oratoria improvisada entre o alumnado de 1º e 2º de Bac.

Nas fases previas, celebradas en cada grupo, clasificáronse catro alumn@s que participaron na final, en total foron 16. A actividade resultou moi interesante e cun gran nivel por parte de tod@s @s alumn@s participantes. Logo dunha votación moi igualada a clasificación foi a seguinte:

1º Aarón  Pérez González  (2ºBAC A)

2º-Iván  Rodríguez Baliña   (2ºBAC A)

3º-Henar  González Rodríguez  (1ºBAC A)

A actividade foi organizada pola Vicedirección, o Departamento de Galego e o Equipo de Normalización Lingüística. Facendo click na imaxe podedes acceder a unha pequena galeria de fotos:

Actividades de Nadal

A foto superior corresponde á actuación da cantante Najla Shami, que deu un magnífico concerto para o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato coa asistencia e participación de numerosos profesores. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Normalización Lingüística.

Najla Shami é unha cantautora e compositora nacida en Santiago de Compostela e que foi educada ao abeiro de tres culturas: a palestina, a galega e a arxentina. A cantante creceu entre Galicia e Kuwayt e estudou música moderna e educación musical en países como Noruega, Estados Unidos, Xordania, Kuwayt, India, Inglaterra, Portugal ou España. No disco "A lingua que eu falo", Najla Shami afonda na obra de Rosalía de Castro a través dunha selección de dez temas que reúnen sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico "Negra sombra". Este traballo mostra influencias de distintos estilos musicais como jazz, funk, world music e música tradicional e traslada ao espectador ata lugares como África ou Brasil.

 

Esta outra foto é da actuación da contacontos Teresa Grau na biblioteca do centro. Nesta actividade participaron alumnos de 1º ESO.

A Vicedirección do centro en colaboración co Ciclo de Turismo tamén organizou unha actividade para 2º de ESO: "Coñecer Monforte ", onde as alumnas do Ciclo exerceron de guías do alumnado nun paseo turístico pola cidade, así como as actividades deportivas nas que participaron os alumnos de 3º ESO.

Distribuir contido