Carmen Esperante 21-26 Ene.

Movilidad de Mª Carmen Esperante del 21 al 26 de Enero de 2019 a Dublín.

Volta á casa

Unha vez de regreso , penso que a aprendizaxe comeza xa ao saír da rutina habitual. Coñecer xente doutros países que teñen problemas máis ou menos simlares – sobre todo os protugueses por proximidade física e cultural –  e procurar solucións xuntos, é, sen dúbida, unha riqueza.

Esperaba participar nun curso centrado no Coaching educativo e novas ferramentas aplicables ao ensino. En realidade foi un curso de pedagoxía centrado en traballar con proxectos e en como conseguir que o ensino estea centrado no alumnado para que responda ás súas necesisdades partindo das súas capacidades. Poñer ao alumnado no “centro” implica procurar un ensino significativo e colaborativo. É, esencialmente, o que os equipos de innovación pedagóxica do século XX denominaban “Aprender a aprender”.

Os temas soaranlle coñecidos a calquera docente: Como motivar? Como conseguir o respecto mutuo? Como lograr o recoñecemento e valorar o aprendido? Como ser aceptado no grupo? Como facer as clases máis atractivas? Como traballar as competencias básicas?

 O máis interesante foi compartir os problemas, as ideas, os resultados en cada sistema de ensino. Todas as aportacións eran recollidas “in situ” nun ppt polo coordinador do curso e vounas poñer a disposición de quen teña interese en coñecelas. Evidentemente están en inglés. Os que non saiban inglés poden facerse unha idea co que fun comentando día a día neste Caderno de bitácora. E, por suposto, podedes preguntar o que consideredes oportuno.

 Sería interesante profundizar os diferentes métodos de aprendizaxe e as ferramentas electrónicas (aínda que creo que o visto na formación que fixemos o curso pasado no Río Cabe supera a información que obtiven no curso). De todos xeitos, no ppt hai enlaces para quen queira investigar nestes campos.

 O máis difícil, e tamén o máis interesante, foi a actividade do venres 25. Supuxo un grande esforzo de recollida e de concreción práctica de todo o aprendido. Hai na páxina do diario do día 25 unha foto do esquema do proxecto que realicei, que, por certo, é plenamente realizable. De feito vai ser un traballo para os estudantes de 4 de ESA en marzo, pero en lingua propia, claro.

 

 Graciñas. Seguimos en contacto.

 

 

26 de xaneiro: excursión ao corazón da Irlanda precéltica

Hoxe toca viaxar dende cediño. Este será o percorrido:

Estamos no lugar máis alto, con máis frio e onde chove a mares. Mirade, tumbas megalíticas:

Esta é a cadeira da bruxa: o guía dixo que a bruxa marchara porque chovía moito!

Ata aquí a miña experiencia neste fermoso lugar:)

25 de xaneiro

Na primeira media hora deseñamos unha tarefa que recolla o aprendido nos días anteriores tratando de aplicar o aprendido ao noso contexto real. Semella ser unha avaliación do aprendido e comprobar ata que punto é valido para o noso traballo. O resto da mañá adicouse á explicación e rondas de comentarios sobre aspectos positivos e problemas a superar en cada un deles.

Trátase de facer un bocexo cos seguintes puntos:

1-HABILIDADES E COMPETENCIAS

2-FERRAMENTAS E TÉCNICAS A UTILIZAR

3-AVALIACIÓN DO ALUMNO – AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS

4-MOTIVACIÓN

5-PUNTOS CLAVE E ALCANCE

6-SMART GOALS

ANALIZAREMOS CADA CASO COA DINÁMICA “FISH BOWL”, é dicir, un partipante expón o seu proxecto sen que ninguén interrompa. Tras a exposición os demais valorarán os aspectos positivos e negativos.

-Ann escolleu un proxecto dunhas 15 horas con alumnado de nivel B2 de inglés sobre Stonehenge que inclúe investigación, traballo escrito e visita a unha exposición sobre o tema en Leuven.

-François deseñou un test de laboratorio onde os alumnos non reciben instruccións e teñen que procurar en grupos de 3 o mellor modo de realizalo.

-Celeste explicou o proxecto que están a realizar nas escolas de ALVALADE en Lisboa.

-Eu escollín como tarefa realizar un FOLLETO turístico para presentar o LUGAR onde nacemos ou vivimos ou ben que recolla unha LENDA OU TRADICIÓN LOCAL. É unha tarefa para o meu alumnado de nocturno a realizar individualmente ou en grupo. 

Por certo, trala exposición os portugueses manifestaron o desexo de colaborar connosco porque temos ideas semellantes... e tamén os mesmos problemas para levar adiante proxectos. E a isto hai que engadir a proximidade física e cultural.

-Por último Celia propuxo realizar con alumnado de Secundaria un álbum dixital, un testemuño dos horrores do Holocausto xudeu, e doutros semellantes.

Rematamos coa entrega dos diplomas, foto de grupo, entrega de materiais e revisión.

24 xaneiro

Hoxe toca analizar posibilidades de AVALICIÓN.

Algúns aspectos que tratamos foron:

- 3 TIPOS: SUMATIVA, FORMATIVA E AUTOAVALIACIÓN

-Importancia da AVALIACIÓN DIFERENCIADA.

-AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS (KIRKPATRIK EVALUATION MODEL): REACCIÓN

– APRENDIZAXE

- COMPORTAMENTO (mais difícil de cuatificar)

- RESULTADOS

-FERRAMENTAS ÚTILES PARA MEDIR COMPETENCIAS E COMPORTAMENTO:

  • Portfolios.
  • Simulacións.
  • Diálogo na clase.
  • Táboas (“rubrics”) con criterios explícitos que miden o progreso en diferentes competencias.

ANALIZAMOS UN CASO COA DINÁMICA “FISH BOWL”

https://sites.google.com/a/dcsdk12.org/etil-academycadre/fishbowl-socratic-seminar

Dúas profesoras comentan o caso de 3 alumnos (Pedro, Filipe e Omar) en Historia e Portugués.

En Historia os 3 teñen unha nota de 4 sobre 5. En Portugués, Filipe e Pedro tamén teñen un nivel superior a 4. Omar, que procede de Angola e vive cuns parentes porque os seus pais están en Angola, traballa coma os outros pero nos exames obtén apenas un nivel de 3. Pola súa actitude e comportamento a profesora considera que a nota final podería ser similar á de Pedro e Filipe. É xusto?

WARM WATER (ASPECTOS POSITIVOS):

Os profesores observadores consideramos que si é xusto porque hai que valorar tamén o traballo, o comportamento e o que progresou Omar, os problemas que superou.

COLD WATER (ASPECTOS NEGATIVOS):

-Hai exames externos e o resultado será probablemente diferente.

-O dominio da lingua oficial do país é imprescindible para o futuro, para seguir os estudos ou desenvolver calquera traballo, mesmo os menos cualificados.

-Pode crear falsas expectativas. Está cerficando unha competencia superior á que o alumno posúe.

-Ambigüidade. Na materia de Portugués non só se avalía a competencia na lingua.

-O resto dos alumnos poden considerar a decisión inxusta porque, con peor traballo, Omar leva a mesma nota. Pode ser desmotivador para eles.

-Hai que pensar nas consecuencias da decisión: Omar podería  ter que repetir curso se non logra un certo nivel en portugués.

Tamén vimos a posibilidades dalgunhas FERRAMENTAS DIXITAIS: nearpot.com, Padlet, thinglink.com, kahoot.it, quizizz, edpuzzle, plickers e Learning apps.     

23 xaneiro

Hoxe comezamos cun CASO PRÁCTICO: 

TEMOS POSIBILIDADE DE FACER ALGO SEMELLANTE NOS NOSOS CENTROS EDUCATIVOS? ATA QUE PUNTO?

QUE PROBLEMAS ATOPAMOS PARA REALIZAR UN TRABALLO SEMELLLANTE AO DO VÍDEO?

-Acceso e dominio das técnicas dixitais.

-Falta de confianza ou medo no profesorado, por non dominar este xeito de traballar.

-Falta de tempo. Hai exames de competencias básicas e exames equivalentes ás revalidas ou selectividade. Mesmo se hai unha porcentaxe de tempo para dedicar a estes proxectos, os exames están aí e hai que dedicar ese tempo a preparalos.

-Ensino baseado en proxectos ou proxectos interdisciplinares? Quen decide? Que posibilidades hai no curriculum? Con continuos cambios nas Leis de Ensino non hai criterios duradeiros.

-Baixo nivel lingüístico e de dominio de tecnoloxías dixitais ou competencias básicas.

-Como escoller proxectos significativos para o alumnado?

-Como unificar obxectivos?

-A interdisciplinariedade na práctica.

Logo vimos as COMPETENCIAS CLAVE:

 

O ENSINO BASEADO EN PROXECTOS

 

1- Plan previo

-SMART GOALS

-COLABORACIÓN: www.etwinning.net

2-Fase de decisión: que proxecto escoller, como escollelo (maioría, consenso...)

3-Execución

4-Cerrar o proxecto:

-Grao de consecución

-Presentar resultados,

-Reflexión: Que está ben? Que non está tan ben?

-Autoevaluación do alumnado 

-Escribir a memoria do proxecto.

 

E  rematamos cunha pequena idea de diferentes MÉTODOS: FLIPPED CLASSROOM, JIGSAWMODEL (https://www.jigsaw.org),  6 HATS MODEL, ROUND ROBIN, FISH BOWL, CASE STUDIES, CONNELL NOTE TAKING, 3-2-1 SHEETS, CREATIVE WRITING, INTRAPRENEURSHIP.

22 xaneiro: segundo día de curso

Segundo día do curso e aquí estamos:

Comezamos falando de que factores inflúen na MOTIVACIÓN:

-Empatía. Importancia da primeira impresión. O profesor debe coidar a voz, a apariencia, o comportamento...

-Ver o valor que ten o aprendido para o futuro. Ter curiosidade.

-Ter un sentido, un obxectivo a alcanzar. Responsabilidade.

-O medio familiar e social, a boa nutrición, suficiente descanso.

-Sentido de pertenencia (belonging).

-Uso dunha linguaxe adecuada, que sirva para comunicar e aprender.

-Premios e recoñecemnto ou, polo contrario, medo ao fracaso, ou ao acoso, ou a falar en público.

-Os materiais, a disposición nas aulas.

-O humor.

 Depois pensamos como facer as clases máis atractivas (FUN):

-Contar contos (storytelling), chistes, facer xogos, cantar cancións.

-Ver vídeos, sketches, facer teatro.

-Deseñar, ilustrar textos.

-Body grammar.

-Lyrics training (https://lyricstraining.com)

Tamén exploramos as diferencias entre MÉTODO DEDUCTIVO e INDUCTIVO:

MÉTODO INDUCTIVO:

Produce unha aprendizaxe predectible e resultados rápidos. O Profesor parte da regra ou teoría e o Estudante busca exemplos concretos ou realiza actividades.

MÉTODO DEDUCTIVO:

Produce un pensamento crítico e motivación no alumnado. O Profesor parte de exemplos concretos ou actividades e o Estudante elabora a teoría.

E tras o almorzo unha visita guiada por Dublin, 90 minutos andando con temperaturas xélidas, e un tradicional Irish Tea para recuperarnos

21 xaneiro: 1º día do curso

Primeiro día do curso nunha vella escola:

Este é Robert, o noso profesor:

Hai outros 8 estudiantes: unha de Lituania, un francés que vive na illa Reunión, preto de Madagascar, 5 portugueses (3 traballando en Lisboa aínda que unha naceu en Angola e outra en Madeira, e 2 do Alentejo) e unha belga de Leuven, nome que nós traducimos como Lovaina.

Tras as presentacións procuramos as semellanzas e diferencias dos nosos sistemas educativos.

Tras o recreo analizamos canto falamos os profes nas aulas e canto o fan os alumnos. Despois fixemos un brainstorming sobre os as vantaxes e as dificultades do ensino centrado no alumado.

20 de xaneiro

 

Geraldine axudoume moito a situarme. A casa queda a uns 20 minutos en bus da escola Ulearn onde se impartirá o curso e acompañoume hoxe para que coñeza a rota a seguir, onde está a escola e onde coller o bus de volta.

Hoxe ensineille a presentación con fotos de Monforte e do instituto e xa comeza a crer que se parecen Galicia e Irlanda.

So fotos de hoxe en Dublin. Non parece tan distinto de Monforte, nalgúns aspectos... pero noutros é ben distinto. Por exemplo:

                   

19 de xaneiro

Longa viaxe con saída de Monforte sobre a 1:30 nun tren que levaba retraso... pero que recuperou o tempo perdido por terras de Castela.

E de Madrid saín chovendo para Dublin por riba das nubes e da chuvia...

Si... son nubes. O atlántico estaba uns 10.000 m. Máis abaixo. Despois foise o sol e voltou de novo a chuvia,pero xa era de noite.

Tiven unha boa impresión dos meus hospedeiros, unha acolledora familia irlandesa que non cría que o noso clima e a nosa paisaxe eran moi semellantes.

Distribuir contido